2/03/2006

tarrasplân...!


o derradeiro sonar do vento morrendo nas rochas...o son do trapeci sta caído na lona...a derradeira pinga do zume de aceite de motor que abala num cemiterio de coches...o peso da incertidume cando aplasta á raçom da obligaçom...o devalo das ondas escupindo os restos dum naufrágio...o naufrágio devido en morno caldo baijo uma cálida manta...o último tiro dum canón en desuso polo tempo...e a cara pampa de quem queda soio coa rosa pendurada dos beizos e a chuvia calando humidades no xesto incrédulo, na pose insólita...a viagem cara onde a mágia é máis que uma verba, é uma esprança, é um sentir...

1 comentário:

Anónimo disse...

Dende que era pequena sempre quixen ser trapecista. Fixen os meus primeiros pinitos no tendal da miña avoa Adela (cando eu tiña 6 anos), detrás da bodega, taba nun sitio soleado e amplo.Levei un golpe tan grande, manqueime tantísimo que decidín que era moi perigoso. Que si cadra xa o intentaría máis tarde. E ainda non me cadrou...
Unha aperta voadora.
;)