
ás vezes o único que nos indica que avanzamos é que hai coisas que van quedando atrás, cando o que queda atrás é umha pessoa, irrecuperabel se nom é só pra a memória...pois doe. doe pouco, doe muito, doe ás vezes, doe a cotío, doe cando chove, doe pero nom doe.... pero doe...hoje ven na prensa que um home morreu, nom era excesivamente velho pero de seguro que levaba muito vivido ás súas costas....prudéncio romo foi un dos creadores d´Os Tamara, que levaron coa música a galizza máis alá do telón de grelos até o corazón de galegos alonxados e de alonxados de corazon galego, e brindo, brindo pq ao topar no máis alá co Pucho Boedo han de nos façer bailar de novo a ritmo de merengue galego...polo grande legado que deixou entre nós, pode descansar en paz.