12/18/2008
coma o turróm, pelo nadal.....volto....
Já facía que non botaba de menos a sensaçom de ter morrinha, ghaninhas de voltar, pero as situaçoms agholparon-se e a coissa fíxose impossible...necesito umha vacina de terra húmida, un lavatorio de chuvia morna (contínua, orbalho contínuo por favor!!...) e receitas da avoa para perder un par de kilos comendo bem....o sábado enfilo caminho en carro (13 horinhas, 1.300 km.) e veremos como sobrelevamos este ano o ter que manexar tanto temp o carro..
A recompensa é boa...Terra, terrinha, terra e agarimo...pouco máis pido por uns dias....
P.D. O partido da nossa selecçom, cita ineludible , periga...eu hei de ir ighual a berrar a Riazor....a ver se vejo a alghén!!!!
Natalícios bicos, agarimos e demáis.....
12/13/2008
Coissas a nom façer numha cea de empresa típica do Nadal:
a primeira: beber de máis antes de comer o suficiente.
a segunda: dar a nota e pretender bailar enriba da messa.
terça: pretender no baile sacar a bailar á túa xefa cando a duras penas teste en pé.
quarta: crer que es o que milhor baila e pretender façer un corro do teu redor namentres o das todo
quinta: crer que es o que milhor canta na sala e usurparlhe o micrófono a o cantante do cojunto musical.
sexta: adicarlhe umha cançom a o teu team leader porque "non nos fai trabalhar muito" (e a súa supeirior diante)
séptima: Acabar a nuite cumha companheira de trabalho, á que nunca che dirigiras antes, apenas conhecías e nom era precisamente " o teu tipo".
e oitava: se já figeches todo o anterior, nom chames ao día seghinte a todo" quisqui" pra pedir desculpas, incluíndo a gente que nem á cea fora.... (glup)
E son normas bem refrendadas pola minha experiencia própria e persoal...
Subscrever:
Mensagens (Atom)