
a volta á neve por
agardada, pareçia máis regalo de reis que viagem cara uma aventura de cinco almas sem futuro previsto máis alá do dominical día uito... se jâ podíase albiscar o seu cheiro dende quilómetros antes, a súa
cor foi uma impresióm impactante, cortante, desafiante e elucubrativa...cada medio quilómetro, medio grado de temperatura que emcaijonábamos debaijo do auto-carro...se a tranquilidade tem uma paraje, ou uma cor, ou mesmamente um som...esa é a neve,
o albo espertar entre as colinas, e o
ensordeçedor silenzo que emanaban as derradeiras neves do día anterior...cedo tivem ganhas de encaijarme eu na neve (nom faltou tempo en que andivera máis ás voltas pola neve que ergueito) pero tinhamos uma
misióm que soaba máis bonita em verbas que en accióms...os
esnous-boards agardaban por nós, numca virá um tan de preto, e jâ estaba pensando a onde caralho había que darlhe para que os pés jirasen na táboa...os pés ían a
ir estáticos!!!!!! mais era o mesmo, a ilusióm pode máis que o temor (iso pensaba eu ata a décima caída, aí mudaron as tornas, caralho!!) contar as
caídas é façer sufrir a gêmte com chasquidos de ósos, de tendons, músculos e berros afundidos na neve...o único erro que cometemos...foi começar sem lecçoms previas e numa pista de semi-expertos (quase neghra, para os que entenden), as ghafas empanhabanseme, os pés doíanme, os mocos congelabanseme, e tinha frío pola ialma...pero nada que sopesar contra a sensaçom de descender sem ter rameira idea a nonseicantos quilómetros por hora numa pendente de acolhoarse em línea recta...de como frenei fala o parte de urgências dos meus amigos do hospital de jijóm (atenderonnos a min e a toci em très minutos, cando souberom que non eramos federados cambiou o conto, pero mui bem ijual): distensióm no jeonlho esquerdo, músculos interiores, nom presenta fractura de óso, procédese a vendar, aplicar frío, tres días sem façer esnou e anti-inflamatórios...da otite, das agmidalas e do frío na ialma, nada me reçetarom...(ao meu companheiro máis jrave nem as boas nuites lhe derom) e jâ postos...em
asturies, sem poder façer snou con dous días por diante que vas a façer que nom seja beber
sidra atê rebentar (e abofé que rebentei...) da neve troujem mui bo recordo, da aventura cos oitro catro míticos, milhores... e arrepentir, arrepentirme...de nom fodela oitra perna, pero cos
esquís...