4/19/2006

de regresso...


ante tudo nom posso começar hoje sem desculpar a minha ausencia, atrancos (que nom problemas) tempo-laborais nom me permitiron acudir a estas paraxes tanto coma eu quijera…logo de diçir isto e de volver a ter un espaço onde expresarme/vos quijera façervos partícipes do bem que me sentou recolher airinhos , aires da nosa terrinha (troujenos enfrascados). Forom vacacións curtas mais muito gratificantes, doume para sobrevoar dun vistaço peral á situaçóm e recuperei as ganhas de voltar, pois de começo dábame prejissa polo das maletas, facturar, depender de tres transportes urbanos…e colhín o avión cara o aeroporto onde os avións ranham os telhados das casas, con muita ilusión…quería (alomenos ise era o propósito) poder ver a toda a gemte a quem lho prometera, mais o tempo, as ocupaçoms e que nom tenho polo de ajora dúas ialmas nom mo deijarom cumplir de todo. Nom me queijo, revivín a compostela nocturna, que soe ser a milhor cando os silenzos das pedras erguen o seu misterio, e também descobrín como o apejo a estar coa familia é directamente proporcional á distancia que nos separa en quilómetros, …comín o congrio, os langostinos, a empanada, e por primeira ves as kokotxas, e é que a visita á barbança de pager lojo da resaca é sempre prodigiosa, quem fui aljuma ves hame de entender, vin a mítica palmeira ajochada trala cíclope ribeira (con b de breoján)…e aí tivem o “punto nó”, ou tirar para o sur ou tirar para o norte, a minha ausência había de provocar enojos nos dous lados, e sopesei co móvil na man, nom me agradan os teléfonos que soan e nom atopan uma man que os descolgué, desculpas laurinha por nom ajudarte a soprar as velas, e desculpas a nurinha que na próxima fijo que hâ de ser…a gatín vinlhe a peluca ao aterrizar o avióm que por certo volve a colher algo de volume…redescubrín de novo os praceres da costa da morte façendo de guía, e aínda puiden alçar o cacharro de cubata en honor á saúde dos companheiros da infancia, ou conheçer á companheira do meu irmán pequeno xa que se achejaron a casa…cando colhín o avión de regreso vinha pensando en canto dá um breve tempo cando se quere aproveitalo ao máximo…traía uma bágoa no olho que nom quijo sair, agora na catalunya, de novo com clima proprio do mediterráneo até máis ver…nom son quem de quitar da mente ao impresionante atlántico…

9 comentários:

acedre disse...

Non hai como osixenarse no conhecido.
Un saudo.

besbe disse...

Alédome que a túa ausencia aquí fose tan aproveitada "aquí" tamén. Tes razón, canto máis lonxe está o querido máis se lle quere.

Anónimo disse...

O martes vou eu a encher os pulmóns de airiños, ben achado de novo no teu espazo.
Un saúdo

Anónimo disse...

Si estás en Cataluña non estás nada mal, rapaz, ainda que coma terriña non hai outra...
Bicos.

Nemeth disse...

cando se está fóra e se vai pouco tempo a respirar os airiños, non rende o tempo. Cumpría o dobre. Préstanos tanto o tempo que se nos vai de entre as maos...

que sexa leve
felíç diada de sant jordi

Anónimo disse...

Canto me alegra saber de ti de novo...
Benvido!!!.
Unha apertaaaaaa.
:)

leco disse...

Benvinda de novo!

torredebabel disse...

benvida!!!! andabamos por acá, agardándote...

Anónimo disse...

Boa :)