5/11/2006
o neno que sempre dicía xesús...
“senza fantasia il mondo sarebbe un quadro in bianco e nero”
paolo rodari
xián era un neno pequeño que nacera numa tamén pequena localidade preto do mar, así é que pasaba o tempo entre a escola e o xogar pola rúa…a coisa é que xián tinha por costume decir xesús ente o mínimo espirro que alguén daba preto del; sempre era o primeiro en alzar a voz por riba do resto para berrar – xesús!!, e recibir así a primeira contestación de grazas, que é como solía respostar quen espirraba, pois eran naqueles lares eran xente moi educada…tal era a pasión de xián por decir xesús que incluso provocaba espirros entre as/os companheiros/as, empreñaba ás veces o pó das tizas, ás veces soprabalhe na nuca ás nenas para que colhesen frío ou influía para que olhasen cos olhos pechados ao sol durante muito tempo…-xesús!! berraba xián con un ledo signo de entusiasmo…mais un día o mestre preguntoulhe se sabía o que quería decir xesús, xián respostou que era o que exclamaba sempre a súa avoa na casa ante uma barbaridade: -xeeesús!!, o mestre ríu á esgalha e logo explicoulhe que era uma expresión pola que se invocaba a Xesús Cristo no mundo cristián como protección ante as enfermidades que o esbirro podía significar…xián abraiouse e reconsiderou o de decir xesús, e foi así como a partires de de entón xián berraba: -saúde!! cando escoitaba espirrar, como ánimo a ter saúde antes que protección ante a enfermidade…-saúde!!! berrou xián…
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Fantasía, si, fantasía... non me gustan os mundos en branco e negro...
Saúde ;)
Unha aperta
sabés? a miña irmá -cada vez que o seu fillo esbirra (ou calquera) ela dí: Jesus me proteja!!! Eu, que son moito máis atea, só digo: "Salud!". Apertas!
Nos EEUU dise "bless you" (bendigote) para protexer o corpo dos malos espiritus.
A min cando me din: "Salu" eu respondo "e forza no cu".
Debo ter forza abondo en salva sea la parte porque a min pasoume algo semellante ao neno xián. Saúdos mozo :)
Saude camarada
Enviar um comentário