8/24/2006

de sonhos....


ceamos con risos e algarabías, de postre, doble racióm de lembranzas fotográficas, que pechaches ti cun suspiro e media bágoa refugiada na máis tenra furna da meninha…pechamos as portas duma estival nuite de evocaçons, e nom se voltou a abrir até que os galopes suorosos do astro rei rasgaron as cortinas dun novo mencer…ou até que o batifundio de tijolas e tarteiras acompañou rítmicamente á tele e as catro radios accesas nas alturas da industrial conglomeración de gemtes…
mais todo voltara lindo, espertei sem querelo cun sorriso que provinha dos máis profundos sonhos… e sonhara, sonhara que penetraba a través das estrelas até tocar o sol, até poder envolvelo para ofrecercho crú de frescura…o teu sorriso jâ me dijera que tamén sonharas, sonharas con voar, con viajar, con lanzarche ao vacío da máis fermosa paraxe…e compartimos os sonhos e os fundimos nun…e puiden divisalos juntos cando o colérico vento de norte peiteou con atlántica efusividade os teus desleídos cabelos de mulher, alí onde o mar come á terra e a terra afunde ao mar…

3 comentários:

Anónimo disse...

fermoso e poético texto, belísimas imaxes, morriña, saudade.
unha aperta

Laurindinha disse...

Tamén Cortázar falaba dos soños que se confunden (e mesturan), ao durmir un tan preto física como psicoloxicamente da outra persoa... Precioso.

Micas disse...

Sublime o texto e as fotografias deixaram-me fascinada...
Maravilhoso