10/16/2006

fugida a um paraiso perdido...


lojo de deijar muito esforço e de esmajar as janas con tanto empenho, os que me paghan tiveron o bo detalhe de me reghalar o venres uma "adecuación de jornada" que ven sendo que o resto do ano como façemos horas de máis pois hai que compensalas, pero nom era esto o importante que che quería contar...diçia que...bueno que estaba tam até o gharabulho da infame vida urbana, dos coches que por milheiros me circundan, das gemtes que viven contigo mais noutro planeta, da rarísima agenda desta cidade e da contaminaçom anímica em geral....que marchei...si como o oes...nom aghardei ao venres, o joves funme a desintoxicar ao lujar máis ilhado (nom, aínda nom volvín a costa da morte!!-jâ che avisarei cando o faja-), tranquilo e fermoso que o meu peto puido conseghir...jâ escuitara falar marabilhas del, pero fum a comprobalo em pessoa...o reto era façer a ruta dos colomèrs a pé, descansar, ver todo aquelo con detimento e algo de aventura.
o primeiro día vin un val...que me lembrou muito a duio, mais con máis vacas e menos terreo de labramça, para chejar a él ascendemos por uma fervença salvagem...máis comprobarás que valeu a pena...até ahí bem...si, jâ vou ao jrano (de milho)...pero cando nos preparamos para a gran cita, o jran reto...coas botas a estrear, o chuvasqueiro para a ocasión e as forças colhendo alento...dinme de conta daljo...vin o pico colomèrs e pensei que se cadra era mui alto pra min...e que façia un sol radiante (tenho o chuvasqueiro sem estrear) e que había neve (as botas ajuantaban de todo, menos neve, así mo dijo o jicho da tenda)...como que me enrolho como uma persiana! a ver se nom che contom nada!!...ao començo ben, logo perdemos as marcas e vinherom os problemas...tivemos que improvisar neve a través, os 650 m. de desnivel tiraban do peito a su rameira nai, levaba dous meses sem façer pinja de ejercicio...cando nom soupemos como continuar, como bos galhegos que somos dijemos:"bueno, tomamoslhe o bocadilho, ouh!!" e lojo da digestióm decidimos dar volta...pero nom podiamops dar volta polo mesmo caminho...conclusión: baijei tan cansado que nom miraba nem onde metía o pé...(tres caidas, uma de extrema jravedá (para min, nom para os/asoitros/as que dijerom:"se podes caminhar é que nom é nada"(bueno o día sejinte estaba de marcha coma se nada, mais no momento para min foi jrave) acordeime do dependente da tenda de botas toda a baijada, tinha os pés congelados...depois de tanto ejerçiçio: chuletón, e ben jrande que aqui tenhem boa fama...pasei uma nuite malisima de tanto que enchim o bandulho...jâ sei que mo dijeras muitas veçes, pero tinha fame que caralho...ao día sejinte de ligth fomos a montar a cabalo até o pobo do lado...um paripé, os cabalos estaban amansados de máis e nom trotaban (ao meu faltabalhe uma ferradura e jiaba pra cuneta de máis), e lojo de que o cú deijase de doer tanto fomos de marcha...pois claro, que colhim uma tranca de muito caralho...se na capital levantina sae máis caro o alcól que calqueira outra droja....comclusiom ía descansar e volvin cansado, roto e coa jorxa fodida (primeira do outono) pero cum carro de fotooossss....jâ sei que a ti nom che importan as fotos, pero a min si...

14 comentários:

Anónimo disse...

Con razón nunca estabas...
Ten que ser un sitio ben lindo o Val d´Arán, (xa contarás). Na primavera sensacional e agora nesta época cun encanto ben distinto non si?

Moitos beijos.
;)

Ra disse...

Que lujo de Valle de Arán.Preciosas fotos.Saludo!

Laurindinha disse...

E escoitaches falar en aranés?

TXARI disse...

escuitei falar um pouquinho, e máis lin en aranés, paresseume moi proximo ao medievo (deth, eth...)foi uma marabilha...para perderse com tempo...

verdello disse...

quen dixo que non me importaban as fotos? bótotedemenos!

TXARI disse...

pois nom será por muito tempo, verdelho, pasiensia, pasiensia....jà verás todas as fotos (pasan de 350...)...

nenodanorita disse...

ostiá!!, como me ghusta esta paraxe, vaia tunning lle fixestes.

paideleo disse...

Sorte que tes.
Un saudo.

Anónimo disse...

Eva Green New Bond Girl

Anónimo disse...

Escribe aljo novo, CADELO!!! Aproveita ajora que dende o cárcere de Teixeiro non imos ter conexión a internet... jejejejeje.
Bicos nos fusinhos.
Gager

Anónimo disse...

ola q tal??. muito dicir q escribamos pero levo un tempo sin ver ningunha novidade x aquí eh!. gustáronme muito as fotos. espero poder ir algún dia d viaxe tamén x aí. q envidia...
moitos bikiños.isa

Anónimo disse...

Volta Txari que te extraño!!!.

Unha aperta.
;)

verdello disse...

pomo que? de vacasións?

torredebabel disse...

tes sorte, coma dixo Acedre!!! quedamos acá agardando historias...