4/23/2007

re-interprentando a realidade...



numha terra dominada polas sombras e o oscurantismo, onde a mágia tinha encarcelados aos seus habitantes numha maldición perpétua que os engaiolaba no povo sen poder sobrepasar as marcas da fraga, era o dragón o encargado de vigiar e atormentar a os habitantes, e cada ano por estas datas cobrábase o seu tributo en forma de sacrificio humano…pero dun ano deron en chamar a un meigo galego, curtido na arte das pócimas e os feitizos, quen apareceu polo horizonte cabalgando no seu cabalo branco e armado con inteligência e tesón, agardou a que o dragón rematase de fungar lume e cravoulhe a lanza pola gorxa até as ghaladas, o dragón foi decrecendo en forzas até morrer e xurxo púxose a descansar lendo un livro,… é polo que aínda hoje en día nestas terras celebran a o seu Sant Jordi (como lhe deron en chamar naqueles lindes) como o día da liberaçom do dragón, regalando e lendo un livro e unha rosa, pois ista flor foi a única recompensa que xurxo levou, iso sí da man da máis fermosa doncela do por entón reprimido povo….

2 comentários:

torredebabel disse...

non hai agasallo mellor cun libro e unha rosa. Unha festa que se lembra dese xeito de seguro é unha boa festa!

llll disse...

agora xa intúo entón a paraxe onde arribaches.

:)