do sol plomizo, das suores noturnas, dos espertares calurosos, do tráfico ordeado e abrupto, de escuitar idiomas alheios, de reatopar a máis gemte dalá que daquí, de nom poder xojar coas ondas do mar, de passar máis calor no mar que na areia, de nom ter sitio pra min e a toalha juntos, de estar obrigado a ver a vida dende detrás dum cristal azul e granate e de ter que paghar até por mexar...de todo isto cansei e de algho máis suponho cando me decidin a buscar o morno orbalho de lonxanas terras, o aire fresco dun océano que a nada se asemelha a mar....nom me custou muito decidilo, e debin de animar a o resto de gemte pq jâ tenho convite para me banhar nas bravas orilhas da boca do río, de pousar os azos nas pedras (aínda segue sendo de pedra a quintana?) milenárias de compostela e se cadra facer a ruta das rías baijas num record de menos de tres ou catro días....nom hâ nada como prender un misto, de súpeto agroman os pitilhos a che ofrecer, así que ista fin de semana desembarco de pseudo-emijrantes nas velhas terras galaicas.
o primeiro referente festivo será a batalha naval do mercado medieval de Corcubióm, o mítico día da pátria que a ver con que nos surprende ...e ver á gemte, ver a muita gemte que agardo tenha tempo e ganhas de coincidir com iste ser anegado de bágoas de lembramça...o dito façedeme sitiooooooooo!!!!!!!!!!!!
P.D. se aínda hai alghen a quen nom chamei pra quedar que me berre baijinho que será escuitado/a....
4 comentários:
Disfruta da estancia!!!.
Beijossssssss.
;)
Moitas veces paso horas e horas na rede, sen saber moi ben que busco, e o final sempre atopas algo que che fai pensar, deteste nunha url, e entón daste conta do grandioso que é isto.
Felicidades polo blogue!!
http://ocioloxia.wordpress.com
como dixo Marinha, pasao moi ben!!
disfruta da terra :)
Enviar um comentário