9/03/2007

de emighantes novos, ou novos emighrantes...


Lendo a prensa de hoje pola rede, verdadeiro vehículo para contrastar informaçóm, vejo ista nova que me atanhe de pleno, que normalmente som máis as que o fan pero aghora falarei desta.
Como emighrado que som tenho a minha opinión e amáis umha visióm que vai máis alá do meu caso para analisar máis casos. En principio dicir que me parece máis alarmante a idade dos emigrados que a própia cantidade, e que a preparación seja algo fundamental para o emigrado

Un dos principais problemas ao meu xulgar e que habendo recursos nom se aproveitan todo o que se pode e na maioría dos casos quem os aproveita é gente que nom mira pola terra, como bem analisan na prensa. Rechama que noitras facetas e labores sí comenza a haber un aproveitamento e unha disposición a pechar os ciclos económicos na terra, o que favorece máis rendabilidade.

De ahí que a chamada seja nom só a os poderes públicos senón á sociedade en geral, pois a economía da subsisténcia todavía está presente na empresa galega, o empresário de poderes cubrir el todos os postos de trabalho, cubririaos, así, o pluriemprego e a nom profesionalización dos sectores fai que os profesionais emigren a onde poidan desenrolar específicamente o seu trabalho, Canarias na hostelería, Madrid e Catalunya en sectores industriais e Suiza (cada vez menos) e Canarias na construcçom, fugindo do pluriemprego e dos conseguintes soldos baixos.

Súmase tambén a falha de infraestructura debido á pouca concienciación de empresa galega e a sumisión a umha economía que mira máis polos intereses espanhois e das zonas jâ industrializadas que das que están por industrializar. Cómpre concienciarse en que invertir en soldos é invertir en calidade, e calidade que repercutirá no país e numha milhora dos recursos.

A visión de atraso que se ten na galiza contrasta coas ganhas de ver mundo e ver coisas diferentes cando estando jâ fóra ves que Galiza sí pode ser o país das oportunidades, está por façer, só nos falha apostar TODOS/AS por ela…

5 comentários:

Pau disse...

A verdade que de esto da emigracion e inmigracion poderia dar para moitas e moitas tardes de tertulia. Pero eu teño unha pregunta. ¿Por que nos marchamos de aquí e os inmigrantes veñen a traballar nos postos que nos aquí non queremos e vamos traballar aos mesmos postos a Canarias?
¿Por que ninguen controla aos empresarios que pagan un soldo miserento a estes inmigrantes que traballan con nos aquí na Galiza?
Tras largos anos de luita por uns soldos dignos, agora por esta falla de control hacía os empresarios eses soldos medianamente dignos volven a estar en perigo porque hai quen traballa pola metade

paideleo disse...

Traballo hai, o que non hai é gañas de pagalo. E así nos vai: marchan os profesionais e queda o resto.

torredebabel disse...

o máis triste dun país sempre é a súa diáspora. E anoto isto precisamente dende a diáspora galega.

Zerovacas disse...

ei, q tal? quería falar contigo dun asunto e creo que non teño o teu mail (ou non o atopo). Se podes, escríbeme a zerovacas gmail

Suso Lista disse...

Carallo!, zerovacas encontrouche un traballo, e ben pago. Volve a facer a maleta pra voltar.