1/12/2008

da mistura do sangue e a cocacola



recén chegara a compostela, comenos amighos que ganhas de vivir a aventura universitária tan plenamente como ma contaran, coas classes que ano tras ano iría colgando máis, coa gemte coa que me ía atopar, cos vinculos cos que cercarían, coas ghuergas nocturnas e noctámbulas, e co saber universal, que a fin de contas é polo que se lhe chama "universidade"...vivía numha residéncia algo afastada do centro, e pouco a pouco íanme sonando as caras da gemte malia que aínda nom entablara grandes conversaçoms...as voltas ás tantas da manhân cecais eran os momentos onde máis gente e máis profundamente conhecías de princípio...as voltas eran a pé, ás escuras, cara um sitio alonxado...así eram varias as rapazas que tinhanlhe "respeto" (medo nunca lhe escuitei dizer a nimgumha) ao caminho da nuite, e era onde muitos de nós facendonos os machotes, ou se cadra nom pq jâ daquela aprendera que a coissa nom era así, nos ofreciamos a acompanhalas. desta volta, nom, foi coincidéncia que ela fosse uns pasosos por diante e que nom houbesse ninguén máis, caminhei pissando as sombras da pétrea compostela e escuitando o ruído que a nuite deija num raro silenzo compostelán, ao cheghar a um punto notei que a rapaza amiudaba o passo, giraba de cando en vez a testa cara min, e numha delas sorríu-me e preguntoume se era da mesma residéncia pq lhe sonaba a minha cara...e fomos canda o mesmo passo falando rebatindo, sorrindo juntos, ela abrindome a caixa de todos os seus medos, eu rompendolhe todo o áurea e mistério que tinham talen crenzas, muita inseguridade penssei, que si asasinhos ("serías umha boa vítima pra inaugurar as estadísticas pq están a zero") que se roubos ("e que che han de roubar alma de Deus se deijaches a estas horas todo o que tinhas em alcol?") que si exhibicionistas (de certo había um rondando aquela zona, nom sei se máis um mito que doitra coissa, pero expliqueilhe que airear a roupa ou esquencer-se de ponhela nom era delito....máis por arrincarlhe um sorrisso a quen era ou podía ser umha nova conhecida, que por pensar bem o que dizia)
que si violaçoms, ahí colhiume! numca se sabe o que pode passar num caminho angosto, longo e com gemte que nom conhecias...pero antes de que mirasse com cara de estar vendo a um potenzial violador, saquei do maxín a soluçom:

.-mira, as luzes cheghan até aquel portal, naquel portal justo, hai umha máquina expendedora de bebidas e porcalhadas (nom confundir com pornografía, que disso ainda nom se atreverom as máquinas distribuidoras), ti colhes umha antes de perder a luz, bem fría, agharrala con força e vai cos sentidos no ar, para estara a alerta da mínima alteracióm, e de se produzer lanzaslha sem compassiom á fronte, a o centro, e liscas, coido que nom irá tras de ti!...".-jâ, e se a máquina encasquilha, ou se nom quedan bebidas....nom nom me parece algho seghuro"...- joder! pois colhes um pau!,.- jajajaja, si, e onde, isto é compostela!.-" pois joder umha pedra!.- ja pero nom tenho forza como pra noquealo así.- "bueno é questiom de ganhar umha vantagem...e seguimos parolando até a residéncia co seu pouco convencemento e eu aínda cos aires etílicos que perduraban da nuite, abraiándome da genial idea que tivera....

comprobei do seu convencemento e da eficácia do meu método cando ao joves seguinte ao descubrila soa caminhando cara a residéncia apurei o passo para sorprendela e ir acompanhados os dous, a friura da lata estampousseme na testa sem previa verba de avisso, nem intercambio de ademáns, e botou a correr...caralho se tinha força!, e caralho se nom ghanhas vantagem....custoume erguerme do chan,entre o impacto, a surpressa, e o alcol que ía destilando no fíghado....pero aledeime de que nom escasseassen as latas de refresco, porque estaba seghuro que seghiria o meu método a o pé da letra e a petonada sería jodida de soslaiar!!!...

a duras penas incorporado, sentinme inventor e "dummie" do meu própio método de auto-defensa, co sabor que deija a mistura do sangue coa cocacola...

4 comentários:

tangaranho disse...

...a pena é essa, que a eficácia do método a tiveras que comprovar nas próprias carnes.

Anónimo disse...

hai veces que dicimos algo sen pensar e atinamos, outras metémola pata ata o fondo... eu son especialista na segunda. Sorriso

Suso Lista disse...

Pra que aprendas, ja ja. Eu volveríao a intentar...

paideleo disse...

Mui bo.