3/31/2008
os alicerces da expansiom galaica, (assim começou o conto...)
e assím foi como começou o conto, a primeira incursiom dos galaicos além da Marola foi para prantar no medio dumha chaira da amiga ilha bretona pedras procedentes do Monte do Pindo, o olimpo celta de deusses e druídas...o xefe Carn O´tanh, ergheusse de manhán outeando um orizonte que chamaba por el, pola aventura de cruzar os mares transportando as pedras mágicas do Pindo cara Henge. Armou dez navíos, velamen de cuiro de porco celta de Dumbría, cascos de férrea ramagem da Quilh himás e coas vermelhas pedras partirom sem olhar atrás, coa sabeduría de que había que espalhar a cultura galaica, coa espranza de que algún día muitos galaicos máis sairiam polos mares espalhando pedrinhas mágicas como as de Henge, sem sabelo fundaron outra rama da cultura galaica, o estudo das pedras bretonas, grabaronlhe um petroglifo que aínda se pode divisar na basse da máis grande dizindo "aqui Ston, aqui a minha cultura galaica..." numha mala interpretaçom a verba Ston derivou, no que hoje os anglofalantes conhecem coma pedra, "stone" en honor a o xefe Carn O´tanh, que grabou na pedra, na gran pedra isto...um gran passo, a pena é que voltaram cos cuiros e os planos onde se explicaba o sentido da formacióm, enterráronos no Pindo de volta e alá quedará até que os arqueólogos inglesses dem conta de onde tenhem que excavar realmente.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Unha historía do máis orixinal
non sei por que toda esta historia me leva a lembrar a de san jordi e as súas orixes galegas...
Enviar um comentário