6/08/2008

medos


tenho medo voltar, desamdar todos os passos dados, recuperar as pegadas esqueçidas e atopar os cristais rotos, os joguetes rompidos e a desolación do fracasso nos beizos que nom poderian pronunciar um saúdo...um breve saúdo que podería começar por: "ola!", sobraría a exclamaciom da expresiom, sobrarian cristais espalhados no chan, sobrarian verbas nom ditas, escondidas, agochadas no fondo da ghorja...tenho medo atoparme coa auséncia do que som, atoparme co vazío que agora se enche coa desidia da lonxanía (que grande a lonxanía e cantos sacos enche pra sustituir a valentía de reprimir umha bágoa de imposibilidade, de incapacidade...) ...tenho medo de enfrontarme á paragem abandoada de min mesmo debuxada no sitio de seghuro ocupado por muitos, por variios, polo lado da cama onde descansaban, sempre descansaban, os meus azos ao teu carón... e como voltar coa maleta furada de projectos anegados pola mala, pola propia, pola alhea, experiéncia....tenho tantos medos!!!...tanto medo a ti!!!!!

8 comentários:

oko disse...

sempre crin que voltar dá moito máis medo ca irse

Ra disse...

Estoy con Oko... Más, avanti, compañero.

V disse...

O medo hai que superalo.

Suso Lista disse...

Non hai que temer a nada, nin siquera a un mesmo. Avante toda

paideleo disse...

Sempre é complicado volver pero é lei de vida.
Ogallá que todo quede nunha falsa alarma.

Anónimo disse...

había tempo que non paraba por aquí. pero seguro que xa superaches ese medo. eu ando niso tamén. así que che envío un beijo.

A lareira de Santiso disse...

como arrepía este relato...

Anónimo disse...

borja di que volver sempre e gratificante...mais dani salgado escrebe no seu ultimo poemario que cando un marcha xa nunca volve,pois sempre esta marchan do doutro lugar...

volve ostia e deixate de ostias que aqui sempre a de haber unha cunca de caldo.