11/09/2008

o ghafe...


hai vesses que as coissas malas se repiten, e muitas destas veces polo mesmo caminho, coas mesmas coincidéncias e se cadra, as mesmas consecuéncias....normalmente se nomatopamos explicaçom soemos dizer o de ..."tes o ghafe" "fulanito/a é ghafe" e é que nom deixamos de levar esses espiritos sobrenaturais que nos fan ser e estar máis en contacto con oitros mundos (por muito que Gelmírez e Martinho de Dumio romperan testa e miolos en dizer e predicar o contrário)...desta volta a mesma situaçom...cidade condal, un que enfilaba pra cassa e de súpeto amárrano a un par de birras máis ("que son as penúltimas" "que miara que nom me vas a ver o pelo en dois messes!", que já logo imos!") gente que nom atende a raçoms ("manhá trabalho", "trougem a moto"...) malditos precedentes que exculpan de estas coissas!!, e claro puxemosnos a parolar, estrelas galiza, por enriba e por embaixo e que se tal e qual, e "aguarda umha máis malia que nom bebas pola moto, aguarda con nosco"....e candoa coissa nom ía a máis despedidas "pasadeo ben" "boa viagem" "ti coidado coa moto" e a moto que arrinca pero facendo un ruidinho estrano.....pero tira....enfilo o meu carrer e de súpeto....plot, plot....plot....plot....()...plot.....a moto parase....as tres e pico da manhá, un frio que tocaba o caralho e as campaninhas que o ghuardan, á vista de calqueira Mosso que puidesse comprobar cantas estrelas galiza se deslizaran pola minha ghorxa,....e a moto que nom arrancaba.....tiven que levala a man....cheghei as catro e pico, ao día seguinte tiven que ir en metro que nim en metro me lembraba como se chegaba ao choio...e a moto segue ahí a agarda de que o luns a leve a algún talher....era a segunda vez (e únicas até agora) que isto me passaba á mesma hora, despedindonos no mesmo lugar, e coas mesmas verbas de marcos.....quen é o ghafe??? a moto, a praza, as verbas....marcos...ou eu????

2 comentários:

Anónimo disse...

Desde logho sempre che pasan cousas destas...
Pois nada, en metro tamén durmes polo camiño!!jaja


bicos!

Anónimo disse...

levas moito tempo sen me dedicar nada, nin un post, nin unha parola, parola, parola...