2/13/2009

da súa fugida...


cargo coa rutinariedade ao lombo, e co tediosso xesto de repetir cada manhá um ritual que sae por sí mesmo, colho o transporte público em Navas...el debeo de colher dúas paradas antes, porque é onde concentran a dispensaçom da metadona na capital do LLobregat, e chega já canso ao seu assento... nom sempre senta no mesmo sitio, pero sempre vai sentado, éche o bo que ten vivir nos arrabais, sempre es o primeiro em subir se viajas ao centro....trae um olhar caído e um sorrisso ensaiado que evita que a gente rehússe sentar ao seu carón...sube ensimismado e perdura olhando pola janela até Pza. Espanya, olhando por umha janela que no metro nom amossa máis que a escuridade do subsolo, algo que che fai sentir umha toupa, umha termita, un ser do submundo. Logo sube canda min ao Cercanías que fuge da cidade cara destinos fóra do ordeado caos da capital, eu coido que sube ao primeiro destino que lhe cadra, ou inclusso que muda de destino cada certo tempo....sube, senta só e desta vez olha pela janela algo máis que escuridade:... olha campos, olha obreiros, olha aire.....e tambén olha como o seu sitio desta volta sí que queda sem ocupar malia viaxar gente de pé, olha como muda a gente e o seu comportamento a medida que nos achegamos ás paradas de fóra de barcelona, como o assento casse sempre é ocupado passada Almeda....fuge da metadona, do barulho da cidade que lhe confunde o siso, pero tambén dumha sociedade que nono encaixa e prefire telo fóra do que rutinariamente estamos obrigados a ver, el tambén prefire estar fóra e nom caer nas tentacións, estar fóra e ver o escasso mundo que se lhe permite, estar fóra...isse é o motivo...nom sei a que hora volta nem como volta...só sei que manhá passeiará a súa tristeira mirada cara as aforas da cidade, cara as aforas de nós...cara as aforas da minha timidez que nom me permirte preguntarlhe...."fugimos?"

2 comentários:

A lareira de Santiso disse...

o transporte compartido ten eses encontros e reencontros

Anónimo disse...

É longo e duro, alto e dif-icil, ese muro que todos levamos arredor. Pra cando saimos do propio atopamos o do veciño...

Será por iso que terminamos por ollar só as aforas... coma nos trenes.

Saudiños