9/11/2009

NOM A PRAIA EM CORCUBIOM!!!


xogabamos coa area até que a praia quedaba baldeira, como se o tempo nom existira, os tempos vinham marcados polas dúas horas de rigor da digestiom, pero umha vez que chapoteabamos nas aghuas, esquesíanos pra concentrarnos na area...castelos, fortificacions nada indemnes á aghua, ... arte do momento, sabíamos que a marea subía, todos os días subía dúas veces ao día, todas as mareas barrian e sepultaban os castelos, as figuras, pero cecais por isa levidade de nom trascender aplicabamonos máis no projeto....e de cando olhabamos o sol, um sol cegador que contemplaba aquelas fortalezas con dúas entradas para o mar....


-papá, coidas que algún día terei um castelo coma iste!!??

-filho, contentate con que haia area onde descansar e ideas pra moldeala....


aquela era a praia, a de sempre, o lugar elegido para desfrutar, tomar o sol, nadar, aprender a remar, pero sobre todo construir castelos de areia....


hoje leo que queren facer outra praia, pero sem area, con caolins, no centro da vila, onde até hoje baixan as mariscadoras a mariscar, que nom a passar o tempo....onde os marinheiros embarcan as poucas chalanas que hai no povo....hoje un anaco de mín, lembra que nom fai falha area, con que haia "futuras previsions hosteleras" umha praia nace coma se nada...sorte que o povo nom son só casas, tamén há gente, gente que sabe ergher a voz e construir castelos alén do aire.....NOM Á BARBARIE DA PRAIA NO CENTRO DA VILA DE CORCUBIOM!!!!!

2 comentários:

Anónimo disse...

Portugues do carallo,atende mellor as cousaas do teu pais que ten que andar comendolle o rabo a España para que se sepa que estades ai

銀行汽車貸款0800772999 disse...

個人貸款
原車融資
汽車增貸問題
貸款
汽車貸款1天核貸完成‎
汽機車借款
貸款免費諮詢
銀行原車融資貸款
汽機車貸款