12/27/2011

na toma de possessiom dun da vila...


Remoía na lingua aos poucos, facía esforzos para que nom se lhe escapase pela comissura dos beizos o remanente do cuspe que sempre o acompanhaba cando tinha que falar de máis. nom lhe agradaba falar de máis, el era um home de gestos, simples, sobrios pero claros. cando tinha que falar sempre cometía algún erro, comezaba bem, enlazaba co humor que dende neno ouvira na vila natal, pero cara o final...errraba, sempre soltaba alguma verba da que en privado, sempre em privado, tinha logo que se arrepentir.

Na vila conheciano como o "da lingua embozada" malia que facía anos e anos que a deixara para se mudar á capital. Nom nacera para pudrecer coas malabaristas xestions duma vila, mais en privado reconhecía que nom podía passar sen voltar pela vila cada pouco, e é que sem os da vila endexamáis chegaría a ren.

Velaí o tinhamos, coa chaqueta máis apretada do que debería, coa olhada perdida de quen nom sabe com certeza onde esta a se adentrar, remoendo do cuspe para atrás e repeiteado ante o evento que lhe agardaba.

Colheu folgos, deu un passo adiante e coa fouteza de quen sabe que nom pode dar un paso atrás, meteu a man enriba do libro sagrado e respetado:

.- "Prometo jurar que ..." os un olhabam cara os oitros, os oitros olhaban cara os uns, estaba nerviosso.

.-"Prometo y juro que..." ergueu de novo a vista, desta volta ninguén rira, cría que todo estaba encaminhado - "...y juro que acataré la Constitución..."

Cando rematou nom recebeu saúdos de ninguén,era tan invisible e gris como o percibían na vila natal. Desexou voltar de súpeto á súa vila natal, supunha que todo sería máis doado, pero ao darlhe a espalda á Constitución soubosse atrapado.

Agora todo o país dependía,olhaba e agardaqba algo del.

1 comentário:

Anónimo disse...

3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... simit placa - consultar simit por placa - consultar simit por placa - reporte del dicom gratis - consultar runt por placa