9/26/2005
(III)
agardamos a que non quedase ninguén na casa, coas ganas aínda sen recolher erguemonos do sofá sem deijar de olharnos...intentando calcular no ar como transcurrirían os días logo da breve hora que había de nos separar por muito tempo, saímos da casa para percorrer de novo a cidade, ista vez cuon oitros olhos...olhos que irradiabn mágia e descubrian en cada curruncho um motivo especial para deterse, para re-olhar, re-interpretar o universo. sentamos na estación olhando o mar, o inmenso mar que nos separaría en todo o seu esplendor, calamos coma se o silenzo redimira tódalas palavras inútiles naquel intre de separacióm...desexabamos que o tempo atrancase as súas agulhas de area e nos deijase fundirnos nun bico que nos deijase atados para sempre...mais temiamos que puidese ser o derradeiro, repasamos pormenorizadamente cada uma das promesas encaijadas, cada uma das intencións desejadas e suspiramos como suspiran os reos denates de saber que a súa morte non ten volta atrás, sentimos os motores da locomotora funchar e fundimonos num abraço que nos impediu sentir que o tren xa deixara de ouvirse façia un anaco. toqueilhe os seus cabelos e prometin contarlhos um a um se voltabamos a vernos, ela púxome o índice na boca e sorríu prometendome coma derradeira promesa que voltaría, que nom tardaría en baijar um día do andén, unimos os sorrisos e acompanheina ata o seguinte tren... subin con ela para verlhe a cara cando o tren iniciase a súa viaje, a viaje cara o esqueçemento...sorríume, sorrinlhe e lanzoume 3 bicos, conteinos por cada uma das bágoas que me baijaban pola sonrosada meijela namentres corría detrás do tren...eu, que nunca me crera correndo detrás dun tren...correndo detrás duma ialma coma a daquela mulher...e foise o tren...con ela...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
parabens e máis parabens!!!
fermoso, apaixoante, delicado, triste, ...
superaste tio
... e por certo como vai o de cañita? a xente anda a dizir que vas ter que escribir un mes enteiro pa resumi-la festa
Well done!
[url=http://bwvfmlyw.com/zeff/xwkz.html]My homepage[/url] | [url=http://klwvvwaq.com/zicq/bawe.html]Cool site[/url]
Great work!
My homepage | Please visit
Good design!
http://bwvfmlyw.com/zeff/xwkz.html | http://upmtpstd.com/nuhm/ufah.html
Enviar um comentário