9/09/2005


ninquén se percatara da nosa ausencia, co sijilo que marcaba a ocasióm fomos dando pequenos pasinhos que nos alonjabam do coro da igreja, onde as murcha voces do coro das velhas repicaba os cantos dun monótono cura...eu era o último da fila e pode que tambain o máis acojonado, pola minha estatura era o que máis resaltaba e as velhas sempre tuverom por min uma especial predilecciom que lhes façia apretarme os bafos namentres loabam a minha "juapura", conheçia a todalas senhoras que no coro estabam (como conheçia a toda a grei da igreja...) o primeiro da fila foi o que penetrou entre o oco das escaleiras e o torreóm do campanario, o suor chejabame ata os calcetins, presentía en cada palavra do párroco uma advertençia contra a subverçiom, contra o mal que nos apoderaba, contra o pecado...mais o pecado era máis forte, tenho que confesar, e cando chejou o meu turno as retiçençias forom maiores. o templo quedara nese silenzo que marca o iniçio da plejaria, do lado do campanario olhabanme con ansiedade: ou todos ou ninquem, nom lhes quería falhar, pero que ganhariamos interrumpindo a misa, a santa misa que aínda lhe chama o meu avó?...o cheiro a suor pensaba que lhe chejaba ás velhas de diante, que conçemtradas nos seus problemas diarios (que é ao que vai a gemte a misa, a eso e a mirar con fachenda para os oitros...) nom se decatabam que cando puxen o pé nas escaleiras nom quedaba neno algún no último banco... o coro começara a cantar o que nos permitía falar baijinho e plane
ar o máis complicado...a fugida...demos en ter uma distançia mínima de sejuridade... lembro a humidade do torreóm e como ía aumentando co ascenso pola lúgrube e escura escada, nom vía nada, máis começaba a arrepentirme um pouquinho...os máis atrevidos ían diante...o párroco ía finaliçando a prédica, aljo deçía dos pecados da carne ou de que havía que dar máis limosna...falava...ía olhando cada ves máis lus...e enchejando arriba nom quijem ver máis, pero tampouco quihjem tapalos ohos, simplesmente deijem de subir e con voz de preocuçom apurei, a ver oh! dadelhe á corda duma ves!!!. co final da predica, justo cando todos estabanse a levantar dos seus asentos tiraron...tiramos da corda atada ao bandallo da campana: o estrondo foi maiusculo, nom tanto pola campana que rompeu o oficio religioso, senon por escuitar a seis rapaçes escaleiras abaijo pataleando e escaralhando da risa a berros, entre o rebumbio que se escoitaba dende dentro do templo, todos imaginabamos a cara de cada um dos fieis que da nosa obra involuntariamente foram testemuhas... ningun de nós deijou de correr ata pasar o kiosko, pero todos íamos co sorriso pícaro da falcatruada, coa ruptura da virginidade da inoçencia na boca...e é que nunca me gustou a rigurosidade dos actos...sobre tudo dos liturgicos...

1 comentário:

Anónimo disse...

convirtamos as igrexas en salas de concertos onde os millores percusionistas do pais fagan soar as campás ao ritmo do diaño jajaja

e non che digo nada se tamen tocarades o
órgano jajajajaja

saúdos