10/31/2005

o isaac...


quijera gardar um breve espaço para façer uma jaculatória duma personagem que dende fai tempo chamame a atemçom, por muitos motivos, case todos mui subjetivos mais todos justificabeis, demde eses dois olhos que em-globam um mundo de mil batalhas e çinçoçemtas luitas arrebolando a bandeira da derrota, esa que sempre acababa recolhendoa do châm, cuma das expresióms máis humildes que nunca conheçim, cumas palavras que firem coma a rasca do perçebeiro na rocha, cuma própria ideosincrasia coa que é difiçil nom identificarse. é o sincretismo do paso intermedio de ser galegos por obriga a selo por orgulho. mistura de responsibilidade de povo, de responsabilidade de conservar a memória, de responsibilidade de sermos pessoas...e non vem esta lembrança a destempo, pois é ajora cando salta á palestra a caralhada que rodea o entramado sargadelos, empresa-projetocultural que é orgulho de naçom e símbolo da tradiçom que erje a cabeça á modernidade...seica faltaronlhe á palavra os sócios capitalistas, e é que nom se pode, alí onde entra a palavra capitalismo a humanidade, a solidariedade, a cultura, o orgulho...todo lisca pola fiestra...
sempre crin que detrás desa mirada debían de agocharse milheiros de historias, uma sensibilidade de artista e uma predisposiçom para narrar aos sucesivos, prantar semente no povo que lhe chaman...e descubrino um día numa charla no burgo das naçoms, xunto a avelino pousa antelo dou, nom só uma charla, dou uma mostra de como ás veçes perder o tempo um par de horas en escuitar pode virarche as ideas, emocionarte, erguerte da cadeira e aplaudir á humildade e á humanidade até que as palmas das mans venzan polo sangue...tuvem ocasióm de escuitar e ver a grandes oradores e persoeiros, mais coma o isaac e o avelino...endexamáis...

10/27/2005

...


"...tenho os pés fríos, e o coraçom senlheiro..."

(atribuída polo xosé_manoel ao txari)

---------- ----------- -------------
diccionario encicopédico galego universal:

FRÍO: (1) que tem uma temperatura inferior á ordinaria do ambiente ou do corpo humano. (2) que presenta um clima de baijas temperaturas. (3) que é pouco afectuoso.

SENLHEIRO: (1) adx. que está só. (2) que nom tem comparaçom ou igual. (3) que destaca pola súa importancia ou distinçom.

sentido poético:

(1) bótoche de menos... (2) oghalhá estiveras eiquí... (3) tenho saudade de ti... (4) nesesito ajarimos... (5) fáltasme no oco que me deijastes entre as sábanas da cama desfeita... ?

10/25/2005

os taxis...


nunca tantos taxis se viram naquela aldeia, chamamos a des e víu um de re-conheçemento, víu a tanta penha enfrascada en risos que dijo pola radio, catro máis que se apretam bem, e con coidadinho que van bos... eso díjooo pq nom veu ao clai, que ansioso agardaba o traslado até borralha, dentro da cita incluimos, of course, que se tomase um par de copas con nós, alomenos caralho, que se veja em borralha que conheçemos a canhita!!! o traslado foi tedioso pq eramos muitos...juanito cal papilhóm en alcatraz fijo escapismo polo tubo de escape guiado polos fumes dalgúm oitro carburante...do resto: cero baijas. a cara ao clai mudoulhe um chisco cando veu a carinha de cota, chofer ocasional para a estrela, o clai ía diante coas unlhas cravadas no silhom e coa única palavra de siiihiip!. na maria pita jâ lâ estaban alomenos vintecinco ou trinta montando folhom, primeiro oasis de dromedarios: zona velha, o clai nom bebe alcól, as copas nom se pajam (fen kiú iago, déboche uma...) e a penha jâ me conheçia como el amigo de canhita, a gemte parabao pola rúa eu rogaba que nom molestasem á estrela...e cadacual máis fino...eramos poucos e pareu a avoa...a avoa de zipi, a boas horas lémbrase zipi da súa avoa, dois cubatas de penal e o nível de neuronas marcandome luces de depósito em reserva...eu crgeo que zi lhe metemos o cubata pola jogsha abaixo baijalhe e nom se entera... o probe tinha présa por ir para casa pero nom se atrevía a dicilo, máis vale um clai que se retira a tempo que um clai vençido numa cuneta...um praçer canhita pera a sejinte conta con que te chamemos!... nós deambulamos por aí, a maioría deles nom sabíam nem situarse na cidade pero todos demos coa cova folque , onde algums jâ levabam empinados varios cacharros, menos mal que a coisa foise quentando e zipi víu por aí alguma caramuxa que lhe iluminou o rostro e nom se lembrou en toda a nuite da avoa...bebemos en paz, cada cual co control que podía, o gato nom podía de deijar a festa sdem o seu broche especial e fijo o que milhor sabe façer, mostrar as súas dotes de escapismo em pleno local petao, entrou no banho tocado coa súa capa de mago de oz e cando dous energúmenos aporreaban a porta ante a tardança, tranquilamente como se tal un coelhinho saíu da taça do váter cómo se duma chisteira se tratase, pena que a mágia só sobrevenha cando o nível etílico aborda o punto e coma (máis a coma que o punto)...logo cada cual foise apanhando...ums doulhe por ir a praia de riaçor a peneirar areia, oitros decidiron descansar os seus osos por ese día e os máis valentes desafiamos ao dragom ponhendolhe cara de despojos de cebada...no playa club se nom entras cuma meretriz do braço, difisil que saias con oitra del, e eso que había muitas mulheres e muitos homes, ea música bem... e eso que petabull estaba animado, con dous euros fijo maravilhas, tres ou catro cubatas, nom me prejunte ninquém como, algums jâ o sabrán...recolhemos ao trebom nunha coktail-cafeta-disco-pub da av. fisterra onde o cansanzo venciulhe aos meus azos e como premio deilhe mereçido descanso...de volta a casa o taxista non sei que nos acusou de violar a uma rapaza no orçam, dijemoslhe que lhe dera you que tinhamos présa, e que nom se pode, trebom, nom se pode pegar a uma indefensa mulher e logo acuchilhala na praia ata que se desangre...así chejamos con areias até os juevos...polo menos ninguén tera probas, que do acuchilhamento-linchamento de gager nom é dudoso que sacasen fotos dende o malecóm...o taxista, cobrou e dijo que sí, nós mercamos uma barra de pan quente que a esas horas entra coma se fose maná... o de ir a milide a joder o tempo jâ é oitra historia producto da resaca que tamén é oitra historia, antes de pechalos olhos, pensei em canhita...que clai !!!...

10/21/2005

a festa...


a entrada, meritoria do maior dos clais mundiais, foi o clímax da expectaçom, eram os varios que nom creran que o gran cañita ía a vir á festa (muitos dos que lataron á festa creio que fui por ese motivo...) e velo en carne e oso, diante de todos nós cos foques das cámaras apuntandoo, superou as expectativas do propio clai, que comezouselhe a iniciar um sorriso nos beizos que nom se borraría em toda a nuite...o primeiro que pideu foi a cea, comprometidos como estabamos a darlha, tinhamoslhe separada rica tortilla, pintxos de chourizo e patacas frixidas, un bo vinho que cote encarregarase de mercar...velo na mesa comendo rodeado de cámaras de fotos de gemte preguntando, de risas de complicidade, entre comentarios de nono creio aínda... o que realmente estaba ficando abraiado era eu da importancia que estaba colhendo o evento...começou o trebon da fin da terra: canhita como era a frase de torrente um...non tes puta idea eso nom era así:...impresionante a penha sabía tódolos diálogos seus no cine (que tampouco son tantos, che!), contestou ás risas das moças con sorrisos de inocencia (disque é como ligaba el) asejurou que había aljo de amor na súa vida...todo coa boca cheia pois había présa por esciutalo no seu medio no escenario...num aparte os donos do piso congratulabamonos do bem que ía a festa...só era o principio...começou coa raciom de chistes, nom colhemos ninjun, nom tinham sentido e se o tinham só o conheçia el...que de um pailám de aldea !?(sic) a nonseique duma cocacola...namentres para aljums a sorpresa jâ fora velo e voltabam ao seu, o juanilho coa súa destreza manual para liar sonhos de fume e o gato e o iago calculando um plan para sacar uma foto de morreo con canhita (contentaronse cun bico do tipo bico_ao_apostol_na_minha_visita_á_catedral) sipi metendolhe máis comida pola boca, o trebom competindo con chistes, a calidade por aí ía...luisi preparando o seu repertorio (sabía enteiras TODAS e cada uma das cançioms !!) e maría, eva, helena... e demáis comitiva de ctv´s como se estivesen na casa pois á personagem-clai estabam cansadas de vela...de súpeto ergueuse: ya comí bastante, ar cantar!! donde esta shari, el de sada...claro como ía cantar sen min, sen o representante nesa festa de ilusións, de público agradecido... o repertorio foi variado, só descriptible para os que estabamos alí, estreou uma caçom só para nós...sudaba fama polos catro costados... e soupemoslhe agradeçer...gager jâ o tinha em volandas, milide cortabalhe as cançoms para que se recrease no estribilho, para que lhe repitise aquil verso...desesperabase...descansou, o trebom fijo um amago de chiste, tuvemoslhe que apagala lus para que nom se divisase en todo o seu esplendor o fracaso...namentres o alcól baijaba a marchas forçadas...litros e litros de alcól, e conversas á lus das candeias que alumeaban a casa...a sejunda sesiçom foi máis espectacular, cambiou uma cançom para min, uma camçiom que nunca voltará a sela mesma: se llamaba shaariii ...!! e começou a bailar coma um poseso, en injlés, en ruso en chinés...dominaba linguas, dialectos e demáis...tuvemos que mandarlhe parar que era tarde e queriamos ver um anaco da cidade borralhenta... lembreime de cada um de vós, dos que estabades e dos que nom...pero a festa era do clai...

10/20/2005

o clai...


dispujem do correcto para ofreçer uma comitiva digna dun clai, diga duma das personages máis admiradas do mundo friki...mui poucas foran as persoas que contaran con ter a súa atente visita, e nom podíamo s cagala así de fásil...bebín pouco para acudir á sita en condiçoms proprias dun chofer profisional, faltaba o guía que me amosaría o caminho cara a estrela, cara o clai...dispujem de un par de persoas para que me acompanhasen, sipi jâ estaba no coche antes de que eu abrira a porta...sentado numa man o cubata noutra de tapadilho ese sorriso de imos tirar a cañita pola ventana e ides a velo voar...tranquiliçeinos, máis pola imagem que estaban dando diante dos pais de luisi que oitra coisa...adentramonos nas arterias de borralha, por estradas sem nome e rúas sem iluminar, e alí estaba el, co móbil na man, cunha chupa de beisbol...só, nem o bar quijo agardar aberto por el...apresureime para improvisar cun saco de durmir uma alfombra vermelha, nom mereçia menos...si, si, nos vamos, no?, noutra persoa, noitra vos, sería uma simple frase nel significaba eston listo e imos a comer o mundo...el polo momento había de comer o que bem lhe apartaramos a un ladinho na vorágine gulística de penha que vinhera senn cear...e aí, nom agardou máis, nom fijo falha tirarlhe nem da lingua , nem la´çarlhe flores...el mesmo o dijo SOY UN CLAY, tó elmundo me lo repitiiia en el estreno de Torrente...cañita eres um claiiii!!!???, logo confesounos secretos sobre torrente IV que non podemos revelar (el nolo pedíu) pero vai a façer a banda sonora, e a primeira estrofa sacouna no meu coche, ...no meu coche!!!!!, disque andaba en disputas co seu representante e que estaba contento pq no estreno de torrente saudarao mario rajó el dil pepé polo seu nome...preguntou por enésima ves pola sena, na seguridade de que había algo apartado, traquiliçeino e prejunteilhe se neçesitaba aljo espesial para actuar...yo, yo mismo sólo...e a sorpresa foi para min...fijenlhe presentaçom de lujo, abrín a porta e para a minha sorpresa...había uma chuvia de confetis, globos por todas partes, seis cámaras de fotos flasheando sem parar, tres cámaras de vídeo perseguindooo polo pasilho...olheino e no fondo dos seus olhos divisei a ledicia de se sentir querido...iniciabase uma complicidade especial...

os convidados...


nom nos dera tempo a preparar todo como mereçia, nom sabiamos cantos seríamos; polo alto caculabamos sesenta, polo baijo vintecinco...fomoonos engalanando e agardamos os tres sentados en cada silha...e nom chaman...enom vem ninquém...e pensarían que sería oitro día... de súpeto o móbil de gager dilhe que o agardan na estación de combois, o de cote que os colegas esperanno non sei onde, e eu agardando co móbil man... de súpetooo...soa...onde caralho está o teu piso !!!??? demos jâ tres voltas a oleiros e nom vemos eso que nos indicas!!! os meus colegas sempre se lucirom polo sentido da orientacióm (lógico se formo parte deles...) despois de catro voltas máis apareçem como os primeiros: en chandal, despelujados... témonos que cambiar, que ajardabas?...tes prancha?...pero laurinha, berreilhe, se a penha vai a chejar en des minutos!!! a min sóbranme tres !! sabía que mentía pero as mentiras na boca de laurinha quedan de puta madre...xaco, por traer nom troujera nem roupa, improviseilhe aljo...iago jâ chegara exaltado, (nunca o vin doitro jeito) e sacaba fotos a todo (a este blog só chegaron seis...!!!) de súpeto amijos de cote sen identificar...anfitrion de anfitrions, ponhemos velitas , ata no banho...sejundo comboio, a risa de zipi jâ anuncia ao entrar pola porta aljarabía (esa risa que precede á machada que se lhe intúe no jesto), nom di nada séntase no silhom, jâ son os cuartos que prejuntan polo clai, témolo no banho agardando que chejedes todos...nom sei se foi por iso pero sipi empeçou a fracuentar a entrada dos dous banhos...o trebom de fisterra entrou pola porta cun cubata na man, a min doume esa impresión, é coma quen sae de casa cun reloxo no pulso...e milide andaba ás procuras de cañita ou dalgun cañon que anunçiamos ía vir á festa...de rtegalo, catro polo prezo de tres, peta-peta-petabull, aljo resacoso pero enteiro...y cañitaaa?? os colejas de cote eram muitos e começamos a intuir as baijas... alguma máis que sentida

o piso...


o piso amaneceu como tódolos días, o que mudaba eram os habitantes, tinhamos pouco tempo, muitas ganhas e a presión dos convidados que jâ nos confirmaran asistir notábase num leve nerviosismo. hoje se que nom pode pasar sem quedar para mercar aljo, joder que a festa é manhâ !!. improvisamos unha quedada logo de sair de trabalhar (trabalhar !!!???). (a)bem, cantos seremos?,(b) nem rameira ideia!...(a) bueno, entón compramos uma botelha da litro por cabeça... (b)e cantas cabeças seremos? (a) nom sei, bueno ti tampouco!!!...façemos uma lista??...nom dou tempo o carrinho jâ estaba cheo de alcol rebosante (para que pareçeçem máis as botelhas de dyc mercámolas de dous litros) nom temos presuposto para nada máis. (a)habrá que decorar um pouco o piso, nom?...(b)e logo que lhe pasa asím?...(a) joder está cheo de merda !!!!!... efectivamente o piso fedía, tinha uma disposiçom incorrecta, e era feio...num primeiro intento metemos no cesto unha ristra de bandeirolas de esas de coljar nas festas, un sento de bandeiras galegas. de meretriz nai !!! uma festa jolgorrio, pero no paquete pareçia divisarse uns cores amarelos e vermelhos. bahh, nom os levamos!... jâ procuraremos algo logo. limpeza do piso, tinha merda ata nas paredes, movemento de mobeis, este está milhor aquí, este alí, e a enche globos de aire ata rebentar os pulmons, na cosinha fragubanse un par de tortilhas e uns pintxos cos que alimentar ao clai, ao ínclito monumento da lírica friki por excelençia...solicitaramos jâ os permisos aos vicinhos, por eso de non vaia ser o demo... cando erguemos os tres a vista, vímolo branco, albo de esplendor, nunca viramos ese piso tan limpo, tan fermoso, tan cheo de vida, aquelo era minimalismo total...pena de que a festa seja jâ, por sacarlhe uma foto digo... e cada um fomos ao noso cometido de anfitrións...

10/17/2005

outono...





a finura de neil young co lento devecer das folhas ansiando un vento que levante o pó que os acordes do outono pousan na friura dun xa ido estío...pra deleite do ouvido sobre o que sopra o morrinhento outono...

10/13/2005

oitra ves compostela...(treon de fisterra)


espertei tarde, a habitaçiom coma sempre revolta...nom me lembraba como chejara a cama a nuite anterior...o que máis me extranhou foi ver no espelho que estaba durmindo con brajas...que nom era a minha habitaçiom tardei en darme conta... e que a tipa que roncaba non era o de milide descubrinno ao verl que nom tinha as patitas de muletas...nom sabía onde estaba...así que senteime (em brajas e prendin un pitillo)...na cosinha nom tinha nada de comer...debe ser de primeiro... de súpeto sonou o mobil...si nono perdera...anaco de barrija onde caralho estás, peneirando area??!!... non sei...pero von ahora pa casa...acabei de fumar e vestinme...faltaban os calzoncillos...por unhas brajinhas nom creo que se dé conta...compostela estaba fría, era case o mediodía pero façia frío...david, mañá é festivo...será pra ti!!! berrou: lojo cando nom o é pa ti!!??podiamos sair, chamo a sipi... ah nom chameino onte e nom ven disque estaba esperando polas camisetas que lhe chejaban pola tarde...oitro plan, pin ofreçe festa jolgorrio nunn piso con mulheres, bueno con que haia unha cheja...dúchome, peinome...joder vaia pansa eston criando, creo que milide tremn un pouquinho de rasón...antes de acabar de pensar soname o móbil...txari...txari!!!...txari???...que caralho quere chari?... ha.. si nom hai falho pero nós imos a unha festa...vale... sentome no sofá e vexo os livros cos apuntes...deben de ser de david...prendo un pitilho e fajo um esforço por lembrarme como chejara a durmir a nuite anterior...acaba milide e imos os dous peiteadinhos rúa abaijo, sorrindo...aqueles dalí non son txari e gager... que, vides ao mari castanha?...NON !...vale, vale gager !! bueno malo será que non nos vejamos... fomos directos ao maricastanha, lois jâ nos tinha unhas tapinhas preparadas...nom sei por que caralho a min ponme un pouquinho máis que a milide, bueno é ijual...conteilhe o que me pasara a nuite anterior...serio, normal...pero cando me din conta jâ estaba o bar escaralhandose a rir...invitaronme a uma canha (bueno si é servesinha, sí)...levabamos tres e íamos jâ onda pin...fomos aos tijres que estaban eles...tomadelhe unha canha!!...oitra?, bueno e logo como é a festa de pin?...nom sei seica hai mulheres...habrá homes tamen, nom?...nom sei. jâ levabamos unhas cuantas e apareseu sipi coa súa camiseta inigualable, sejuro que a troujo pa que non lha imite ninquem, que, non ías sair...jodej...chameite...como coljastes o mobil...jodej, pa que cjho von a colhej se estaba na estasión... joder que putada non poder sejir de canhas, bueno despois vereinos...e se cadra na festa vejo a tipa de onte e dime como acabamos na súa casa os dous en brajas...

oitra ves compostela...(sipi.)


nom tinha tempo que pegdeg, pejo as camisetas nom daban chejado...començei a enquedarme, chamei por teléfgono e dixejonme que nom había falho...egha tajde, senei o que puiden e pujem a televisióm, na primeira botaban deo de clases de baile de salóm...mariconadas, na sejunda daban uma jepogtaxe de prostituçom infantil na jepublica checa, nada quem nom sepa jâ, na jalleja daban música altegnativa, estaba ajlbejto mbumdi...boh, estom tan canasado de escuitaj ao meu amijo aglberto !!!... nom había buenafuente, vaia mejda...tuven que vej no localia futbol...o cambados ía jañando, pejo o pajtido era máis abujidoooo, e eu pensando cando chejaghian as rameiras camisetas, ata jâ tinha janhas de doblar, e doblaj e nom paraj de doblaj...de súpeto sonou o móbil...jodej aí está de novo o pesado de gager, nom lho vou colhej que me imagino o que quejejá a estas horas...descoljo e lhe dijo antes de que fale...fijo que sí. despois jâ me conta...pa flipar. que liada se nos está ocurrindo, unha ida de olhaaaa !!!, nom podes diçir que nom...!!...síii, jodej, nom hai falho...que va que hoje nom dan buenafuente...sí oh...jodej...e que tal está tuchinho?...disque lhe chaman o novo fajuquito...nom, menos mal que nom levou a niquen por diante...que va...o pajtido do cambados...unha mejda...si, se me da tempo a doblalas todas fijo que vou... ala jâ estaba empenhando de novo o fíjado sen acabar de pajalo...fun pa cama...eran as nove do majtes e jâ tinha 3 chamadas pejdidas...estes empeçan a sabej o que son os días livres e joden o tempo ao máxima, cuajta chamada , jechássoa...poj que estando jâ case en compostela...bueno vou a chamaj a jejman a vej se tamen vem, este cajalho fui capas de duchajse co mobil porque nom me contesta...a vej se o de milide... nada sejujo que fojon a buscaj unha bombona a casadiola, chejo a estasion e chamame txaji, nom eston na casa que nom vou nen a compostela nen a madriz... que va onde estades... inda non acababa de majchar e jâ estaba de novo en compostela...e ahora ata os tijres, deben estaj mamadisimos e sejujo que tjaen todos a mesma camiseta que eu, vouna cambiaj poj se acaso...pateei todas as júas de compostela paresía que ía a ajuantar a chuvia un anaquinho, dobrei a esquina e alí estaban os quinquis cos mejilhoms ardendolhe na boca...jâ nom me lembjaba das camisetas...ponme uma canha...

10/04/2005

livros, fotos e resaca´s


ultimamente dame por coleccionar livros e demáis obsequios (ainda que algúns os pajes, son cáseque um obsequio...) que venhem cos distintos jornais que hai no quiosco, livros que durante meses (algún lamento que anos) quedan tal como os merquei: plastificados e amontoados nun rincón, como especial aprecio colocoos nalguma estantería, mais plastificados...nonos leo (últimamente só me dá por ler revistas de política e economía mundial e algun prospecto de medicamento que anda polo piso (tamen fixem enmenda de ler o centoonce de kiko neves)) son cousas que temo nunca usarei ou lerei, por agardar un momento propicio...momento que non dá chejado. é como se eu estivese de paso pola vida e agardase "o momento" ese anaco de tempo sem nada que façer, ese tedioso instante onde o livro relocirá e dirame "léme" pero de seguro seguirei argandando, por que seguirei sentindome de paso por esta vida, como se nom quixese dar un movemento que me afincase num lugar ou esa acçom na minha intra-historia...pero sigo mercando livros cos jornais e agora dvd´s que nom tenho onde escuitar (quizais quedem para os retonhos que nunca terei, como dicía fromhell...)...avanço coa tecnología. omte tinha prefabricado um plan que iniciabase con ir a recolher umas fotos á tenda de revelado de fotos (of course), cando as recolhim vinnas e coa ilusióm que levaba ao entrar quedei desilusionado, como se a calidade das fotos nom me gustase. e din en pensar que antes dedisparar a próxima foto pensarei um pouco máis se está enfocada, se hai luz, se...farei un cursinho de fotografía milhor...pero hai tres ou catro que dende logo salvanse con creces, son eses pequenos detalhes que lhe suben a un o ánimo e lhe din nono deijes you !!... bueno que desfijem o plam e fun co gatin e acólitos ponteses ao centro comercial el puerto, que de sentrico ten pouco, de comersial menos e de bonito o de joder as vistas ao mar...as aberracióms sempre comenzan polo deterioro da fala, dos costumes e rematan en arquitecturas da aberracióm (que lho dijam a sir. vasquez), pois falando con eles que prejuntaronme polas últimas novedades alcólicas dinme de conta que a resaca é un estado fructífero, o único onde me dá por pensar, sacar conclusióms e reorganiçar a minha vida...é o instante onde tomo en serio o que fijem o día anterior e como o remediarei no incipiente futuro...benditas resacas se o que se pensa tense en conta nos futuros plans...