2/06/2006

a omde as estrelas me guíem...


iago era um rapaz que nacera numa pequena aldea do interior, onde os carrexos eram a única vía de comunicaçom que había, as novas voaban de boca em boca e todas as diversións ían parelhas á integraçom e respeto pola natureça. gostaba iago de correr detrás das bolboretas, de molhar os pés no río tentando beliscar alguna truita, ou mesmamente de deijarse caer nos brazos de morfeo ao son dos reisenhores, apousentado na máis lene herba que na aldeia tinham. mais, do que máis gostaba iago, a coisa pola que máis adoeçia, era olhar as estrelas, todas as nuites pousabase na fiestra da súa casa contando as estrelas e imaginando poder tocalas. ás veces, nas nuites de sam joam, cando estas venhen cálidas e nom som raras as festas que se prolongan atê altas horas da nuite, iago sentaba num valado que tinha moi conheçido e deijabase engaiolar polo marabilhoso mundo das estrelas, imaginába que ía voando ao seu carón, co rostro todo cheio de luz, e cuma mornura que só conheçía cando se achegaba de máis ao lume. fui numa desas nuites cando iago douse de conta, olhando o ceo de que o número de estrelas ía menguando, incluso ás veces vía como alguma ía caendo vertiginosamente dende o ceo atê o cham, alá no horizonte. el conheçia aquel lugar, fora alguma que oitra vez por alí e decidiuse voltar ao día seguinte para explorar a zona convencido de que algo estrano estaba a pasar. cando a ocasión lho permitiu, deijouse escorregar pola nuite e nada máis chegar a aquel lugar víu algo que o deijou pampo durante minutos, no campo onde el varias veces estivera, estaban depositadas todas as estrelas que caeran do ceo, a boca nom lhe daba pechado do abraio de ver tanta luz junta. paseou entre as estrelas, tocou con medo toda a súa luz, nom lhe queimaban, pero cegábano um chisco se as miraba fijamente...tanto o obnubilou tal descobremento que douse de conta que nom reparara que tinha que voltar á casa. así, na súa casa jâ estabam preocupados e organizaran uma batida para atopalo, cando ouvíu o seu nome retumbando no monte reparou en que podían descobrer o seu secreto e bulíu ao seu encontro denantes de que o atoparan a el, e polo tanto pudiesen conheçer o seu cemiterio de estrelas segredo...dende aquela nuite, iago arranxaba para poder ir a visitar ás estrelas, cuidabas, limpabaas e jogaba á algarabía con elas. tanto chegou a conheçelas que fui ponhéndolhes nomes e incluso arrejuntándoas em grupos, quedaba muito tempo falandolhes, sempre co coidado de voltar á casa cedo. mais um día, cando estaba jogando entre omega e casiopea, escuitou uns pasos e um chiar de carro que o alertou... agochouse detrás duma das estrelas e divisou un home velho, alto, cumas barbas mui brancas e um bastóm altísimo que ía cruzando a carón das “súas” estrelas seguido dum carro tirado por dois bois. O velho víuno, parou e sorriulhe cum sorriso tan franco, que iago colhíu medo e botou a correr sem mirar para atrás atê chegar á casa. Ao día seguinte, iago estaba preocupado e fui a todo correr onde as estrelas, a desilusión foi suma cando víu que no campo onde as estrelas daban todo o seu fulgor nom quedaba ren, só os carbalhos e as gestas que sempre estiveran alí...iago quedou moi amolado e botou demos contra ese home que dera em carrejar ás súas estrelas naquel carro de bois sem permiso...tanto é así que aínda hoje nas aldeias próximas á ladeira do pedroso hai gemte que di ver a iago nas nuites de vran no alto dum penedo contando as estrelas e chamandolhes polo seu nome, agardando que o guíen algún día...se o fijerom cum apóstolo por que nom com el ?...

7 comentários:

acedre disse...

E coma unha lenda de Santiago ?. E tua ?.

TXARI disse...

si, roubeilha ao insomnio...e asemelha máis a intrahistória duma lenda, ou nom sei...

Anónimo disse...

Belísssimmmaaaaa!!!, encantoume.
Unha aperta de estrelas.
;)

Laurindinha disse...

Envexo á miña nai... que foi unha nena coma Iago, xogando coa natureza, convivindo con ela un día si e o outro tamén... afortunados. Se ben, penso que ela nunca tivo un campo de estrelas...

torredebabel disse...

vou gardala para cando o meu fillo (Santiago) sexa algo mais grandiño. Con seguridade vaille gustar moito!!!

torredebabel disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
TXARI disse...

agradezo vos gustase, sonhar é de balde dicianos meu pai...e eu sempre sonhei coas estrelas...