3/16/2006
o momento...
“adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos, adeus vista dos meus olhos nom sei cando nos veremos...minha terra!...minha terra!!” tinha raçom a de iria flavia, o e a que marcha só sabe cando se marcha, nunca cando se volta... toca mudar de rumo, respirar novos aires e juntar novas experienças...disque ver mundo nom é malo, comparar, elegir, visitar, oliscar, saborear...pero prejunto-me: viaja a ialma conozco cando nos ausentamos? ou pola contra é a prenda ou a fiança que temos que deijar en cada lugar de orije?... dende logo que nom me caben nas maletas as inquedanças, os projectos, as esperanzas, os propósitos...pero tampouco todos os recordos...así que antes de embarcar, olharei o ceu, o borralhento ceu, uliscarei profundo e cando solte o aire jâ case será na capital do mediterráneo...pero será a lembrança que pretendo levar, o último suspiro galego antes da partida...e a cada um de vós que sodes importantes, que vos levo no peto da cachola...e tamén tentarei contar algho produtivo dende alí... um milhom a todos...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
18 comentários:
CAJINDIOLA TIO !!!!
METÉSTEME UN LIXO NUN OLLO!!!
QUE NON CHORO OSTIA !!! QUE É UN LIXO!!!!
UNHA APRETA, E UNHAS BATIDAS NO LOMBO, DAS DE VERDÁ.
boa viaxe e máis feliz estáncia. Eu xa vivín aló hai un par de anos e é das cidades onde máis a gusto me sentín. Agora visitoa moito e teño moi bos amigos :) (se precisas algo que poda axudar, faimo saber...)
Cando me fun a primeira vez da casa... xa hai mooooito tempo ía chorando coma unha madalena e recitando ese poema... Aínda o lembro cada vez que marcho da casa ao rematar as vacacións. Por algo é nosa poetisa nacional...
unha aperta
boa viaxe, claro! eu, ao revés do que conta nemeth, a primeira vez que fun á terra pasei tan ben que choraba pero cando saín daí e non da miña casa. Ou será que a terra tamén é a miña casa? Apertas!
Boa viaxe e moi feliz estancia; por certo díxenxhe que foi un pracer compartir conversa na túa compaña??.
Un Beijo menino lindo.
:)
Buen Viaje espero que lo pases muy bien y que te acuerdes de nosotros.
Ondo ibili.
Sempre se fan amigos, bo viaxe e mellor estanza.
Unha forte aperta
:)
graças a todos polo voso apoio,agardo seguir contando con vós e para vós...emoionadesme...
Boa viaxe e feliz retorno.
Ata o ceo de Galiza se puxo a chorar polo teu marchar.
Pasoume a min cando fun a Londres e ia no avion e non sabia cando retornaria a terrinha.
Parece ser o noso fado: coller maletas e patear mundo.
Un saudo e sorte. Xa sabes onde toparme para o que necesites.
Este vaise e aquel vaise, e todos, todos se van. Neste momento estou triste, pero o pensamento de que ha de ser bo para ti faime debuxar un sorriso, teño a certeza.
Un bico de sorte e que a luz do sol que te despediu sexa un bo signo.
A esta hora xa estarás voando polo ceo da Galiza. Eu saio de garda. A despedida non foi como a min me gustaría, é dicir "a lo grande llou!" pero agardo que o reencontro en Barna sexa espectacular (coma tódolos nosos encontros).
Di a canción que cando un amigo se vai algo morre na alma... Eu non sei se morre, nen tan sequera sei que carallo é eso da alma (algún invento da multinacional que acaba de fichar a Sir-vergoña Paco Vázquez...), só sei que hoxe estou triste e eso xa é bastante.
Pois eso que non che poño nada máis que despois súbenseche os fumes.. jeje.
Unha aperta enorme, saúdos a eles e bicos a elas, que temblen os sinais de tráfico de Catalunya, brinda con cava por nós ( e máis por Losantos) e xa sabes...o fuet é unha comida! jeje.
Bicos nos fusiños, amigo.
Saúde e patria.
muito curioso. deixa água na boca para aprender a lingua.
beijinhos
Hoxe sae a relucir o cantante de mariachi que levo dentro: "Ojalá que te vaya bonitoooo". Agardamos as túas crónicas da Cidade Condal. Unha aperta.
Seguimos en contacto, mozo! Boa viaxe.
Good design!
[url=http://ywmyjlrn.com/uopa/bskq.html]My homepage[/url] | [url=http://cmcwokjp.com/uxmz/nbgw.html]Cool site[/url]
Good design!
My homepage | Please visit
Thank you!
http://ywmyjlrn.com/uopa/bskq.html | http://rrxjtgrd.com/ylfg/peay.html
Enviar um comentário