miles de silentes caricias,
amolecidas polo tempo…
varios cabelos despeitexados,
que deixaches esparcidos pola almofada,
logo do extendido sonho…
dois bicos que quedaron ancorados
nas ganas da posesión…
um abraço reprimido,
cecais esquenzido,
na derradeira tarde de solpor…
umhas médias usadas
que aínda agochan o teu penetrante arrecendo
entre as súas fibras…
ums olhinhos de misericórdia,
que se che escaparon
antes de abrir a boca…
o ghran oco que deixaches,
que foi inundando,
coma umha gran mancha de chapapote,
toda a minha cama…
amolecidas polo tempo…
varios cabelos despeitexados,
que deixaches esparcidos pola almofada,
logo do extendido sonho…
dois bicos que quedaron ancorados
nas ganas da posesión…
um abraço reprimido,
cecais esquenzido,
na derradeira tarde de solpor…
umhas médias usadas
que aínda agochan o teu penetrante arrecendo
entre as súas fibras…
ums olhinhos de misericórdia,
que se che escaparon
antes de abrir a boca…
o ghran oco que deixaches,
que foi inundando,
coma umha gran mancha de chapapote,
toda a minha cama…
e o fracaso de nom podernos
sobreponher ao puto destino,
á puta vida, inmanexable,
a lembrarte num bote de after-sun...
todo esto e algo máis, é o que gardo numha caixinha,
que nunca jà máis hei de abrir…
todo esto e algo máis, é o que gardo numha caixinha,
que nunca jà máis hei de abrir…
4 comentários:
o destino tamén pode ser vencido. Se cadra, abonda con non pechar de todo a caixiña... Apertísimas Txari!
"al lugar donde has sido feliz no debieras tratar de volver"
sara
Moi pero que moi triste...
(Fiquei sen palabras)
A min pareceme unha historia moi bonita e estoy segura de que vai acabar moi moi ben. Xa case estou convencida de que o destino non existe. millóns de bicos
Enviar um comentário