6/21/2007

made in galizzaa...


Preocupado polo desenvolvemento da cultura urbanística e tendo en conta que logo das eleccións municipais é un dos departamentos milhor valorados (e requeridos) no reparto de poderes e pactos; e como isto está moi de actualidade quixen facer umha pequena escolma de ejemplos do urbanismo galego, hai quem lhe chama feismo, o meu pai prefire referirse a “ideisincrasia urbanística galega” por que di que cando está tan inculcado na história, nos costumes e no xeito de vivilo e concebilo pois pasa a formar parte da ideosincrásia do lugar (inclue nel as chapuzas )…isto nom é o pior senón que el amáis de defendela practícaa e bastante… (levarémola coma um verme metida na cachola?)...deixo como mostra, un boton, coisas que apareceron na voz, que descubrin polo chuza ou que circulan por blogs- denúncia ou a versióm aduaneira.

8 comentários:

TXARI disse...

esqueciame de comentalo: foto sacada do flickr nemigo: http://www.flickr.com/photos/nemigo/79379101/

paideleo disse...

Dende logo que sae malparado o home do campo que busca o lado práctico das cousas.

torredebabel disse...

a idiosincracia vai mudando co tempo, o que pasa é que ás veces o mundo muda antes ca ela e logo os que non se adaptan son condenados por esas novas miradas das cousas... Eu, ao lonxe, asisto á condena do feismo un chisco alarmada pola estética moderna que se supoñe é mais valiosa ou mellor...

O procurador de sonhos disse...

pero logo ti que esperavas????

anda queeee!

Um saúdo dos expedicionarios

Anónimo disse...

A xente é práaaatica, o que pasa e que os señoritos da siudáaaa, son mui finos e nos saben apresiarrrr as cousas buniiiitas.

onde haxa un maseteiro de tambor de lavadora (que non colle roña nunca) que se quiten eses do Ontamiento que paresen vasiotes de darlle de comer ós porcos.

Suso Lista disse...

O da farola é a rehostia.

Laurindinha disse...

Ás veces resúltame incrible que, tendo unha arquitectura tradicional tan marabillosa, nos últimos anos creásemos iso do "feísmo"...

Anónimo disse...

Olá!!!

Vin que pasaras polo meu blog, e entón decidín dar unha volta polo teu. A verdade é que gústame atopar blogs como o teu.
unha aperta!!

http://ocioloxia.wordpress.com