11/08/2007

das uito coissas...


recibido o encargo dos memes de zerovacas, e recén cheghado coas leghañas de marugía zoupandome nos olhos, tenho que ponherme a cavilar en uito coisas da que falar no meu blog, e vendo o que algumha gente puxo, pois crin que cada qual puxo do que sabía ou lhe gustaba…a min nom me gusta pero é do que sei (ou debería)... de buscar pisso, así relatarei os últimos uito pissos nos que vivin dende setembro 2005 (boa média, se falasemos de companheiras sentimentais….pero som pissos, habitaçoms…)...por orde cronológica de recente a antigo…por seguir umha orde:

Um.- pisso carrer calábria, bcna.- pisso ambiente ocupa, con cinco habitaçoms, mobles aproveitados da rúa, prezo moi barato, cama de matrimónio, gente moi enrolhada e moi preghisseira tambén…todo era fumar, rir e descansar…cheghou a merda ao teito…e houbo que limpala enteirinha!!!!!

Dois.-pisso carrer casp, bcna.- pisso de luxazo, pantalla de plasma tamanho XXL, salón para patinar, saltar á corda e pinchar música a o mesmo tempo, cozinha pequena pero sempre ocupada por cozinheiros exquisitos, companheiros/as impresionantes, moi bo rolho, chegaron a ser amigos máis que companheiros, cama matrimónio…houbo que deixalo con pena, pero nom quedou oitra…

Tres.-pisso poble sec. bcna- pisso a o que cheghei fuxindo e marchei do mesmo geito, pisso moi soleado (vivin o vran nel), cama de matrimónio, moi bo rolho cos companheiros, ambiente internacional, pisso de luxo, nom moi caro, só que quen tinha que pagalo desapareceu cos cartos rumbo a Nova Zelanda, os mossos non deron creto de tal…

Quatro.-pisso avinguda paral.lel, bcna.- mini-zulo que constaba de catre, armário e um pequeño espazo para respirar, só umha companheira, neurótica, obsesionada coa limpeza (coa das demáis, coa súa era máis relajada), moi bem situado, moi caro…patas para que vos quero…

Cinco.-pisso perilho, oleiros.- pisazo-que-te-cagas-que-case-choro-cando-o-deixei, cheghei fuxindo, busqueino cum companheiro, logo vinheiron dois máis, soleados, ambiente rural, cama de matrimónio, habitaçom espaciossísímas, mobles redecorados por min, dous banhos, sitio para aparcar o coche, a o ladinho do trabalho, companheiros conhecidos de sempre…mimá e pensar que houbo que deixalo e últimamente o resto van caendo coma moscas…festas con canhita, ir á praia, discutir, fumar, rir, chorar, folhar, comer, limpar…bueno limpar, limpar nom foi moi parelho…

Seis.-pisso-chalet na zapateira, a crunha.- cheghei de emergéncia, enorme, vixiado polos donos que vivian ao lado, ambiente “moi participativo”, a convivencia vixiada polos donos que vivian ao lado, espacio enorme para aparcar, na finca, preto da casa, ambiente vixiado polos donos que vivian ao lado, conhecin a moi, moi boa gente…que ainda conheço… nono soportei máis…lisquei logo de venderlhe umha habitaçom e case meterlhe um porquinho a durmir no jardim…

Sete.- pisso avenida das camelias, cidade olívica.- pisso que procurei com tempo, moi procurado, gente moi boa, cama de matrimónio, bo ambiente, boa situaçom, amigos en comun cos companheios…marchei por cambio de trabalho e cidade logo de viver um mes e médio…

Uito.- pisso rúa condesa bárcena, cidade olívica.- pisso onde vivín de extranjis, um mes e pico (os donos que alugaban nom aceptaban a homes no pisso, pero nem para tomar un café!!!) reherdei a habita dumha amiga para conheçer a oitra (eu digho re-conheçer, ou máis profundamente que jâ lhe conhessía a súa mirada), cama normalinha, habita bem…en constante vigiáncia por se vinham os donos (imborrable a lembrança de ter que comer umha mchambueguesa por viren estes sem avisar na minha hora da comida…) peghada-peghada a o choio, pisso de comer bem, con sobremessa de faladoiro, confessions, italiano, yoga, erghersse á mesa hora-pelejar pola ducha con quatro rádios e tres teles prendidas a um tempo, e muita pena de marchar….algho queda daquelo…que nom é pouco….

E agora nom vivo en ningún destes pissos e em todos ao mesmo tempo, pero som coma os filhos, ainda que seja a décima mudanza…asusta….

Hai que nomear a alghen??!!!, verdelho, susolista, cartafol de silencios, pau, marinha, e nom sei máis, se están repetidos éche o mesmo , releédelos... (sintoo, cheghei algho tarde...)

9 comentários:

llll disse...

8 pelis:

-"me, you and everybody we know", de Miranda July.

-"Gosht Dog, el camino del samurai", de Jarmush.

-"Plácido", de Berlanga.

-"Smoke", de Wayne Wang.

-"Zatoichi", de Takeshi Kitano.

-"Mon oncle", de Jacques Tati.

-"Mi vida sin mí", de Isabel Coixet.

-"The Evil Dead", de Sam Raimi.

-"Europa", de Trier.

-"La chica del puente", de Patrice Leconte.

ghrasias pelo convite. xa respondera aljo noutro blog, pero o das pelis apetecíame. agardo que o pasaras ben por Ghalisia.

paideleo disse...

Eu non seria capaz de mudarme oito veces en dous anos. O teu e un record !.
Espero que as mudanzas futuras sexan para millor.

Anónimo disse...

Volvo a lerte despois dun tempo coa mesma fascinación que sempre te confeso...un pracer...ata pronto

fatinha

Pau disse...

Si teño que cambiar en tres anos oito pisos dame algo. Outra cousa seria cambiar de cama.
O meu neme xa o fixen e non penso repetir.saudos

Zerovacas disse...

O do porquiño non nolo contaches o sábado!!
Encantado de coñecerte por fin, aínda botei unhas risas. Volverei por alí en decembro, pero xa en plan menos turístico. E cando pases por Galicia, pega un toque!

Anónimo disse...

Ei, a historia das maletas xa, por favor, antes que almódovar roube o guión.

Nemeth disse...

eii! síntome identificado :) só que en bcn só estiven en Gràcia e nos Encants... pero a procura dos pisos dá pra unha novela de seu! :D
e xa en máis anos, pisos nas Palmas, Tenerife, Compostela, Coruña, Madrid, Zaragoza... E estes pisos levan vivencias e xente xunta eles. De seguro que aproveitaches todas estas e todos estes!

apertas

llll disse...

e tería que engadir "En la ciudad sen límites", "Magnolia", "El ladrón de bicicletas", "El hombre elefante", "Yi-YI" (esta última vina agora, en Cineuropa), "El jueves, milagro", "El desencanto", e oito mil máis... saúdos. ;)

Anónimo disse...

O milhor o de Pirilho!!!
Gager