1/16/2008
das profisións e dos sonhos...
a primeira lembrança é que de pequeno quería ser aviador (aínda nom sabía o que era un astronauta), antes incluso quixera ser marinheiro (diciame a minha nai), logo quixen ser médico, ginecólogo, cando nom sabía nem o que significaba, quixen ser mecánico e aventureiro, aseghún o que vía na tele, lía ou me relataban... fun crecendo querendo ser jornalista, pintor, reporteiro... ultimamente viver do aire, do alambre...até que adivinhei, que o que sempre quixen ser e som é....um sonhador.....quem dixo que dos sonhos nom se pode vivir?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
10 comentários:
Boa profesión, si señor. Un Soñador de pelo largo, que decía Manzanita.
EU,QUERIA SER VETERINAIO,E ADEMAIS MONTAR UNHA GRANXA CON JOSE MARIO DA REDONDA,MAIS TARDE DESCUBRIN QUE ERA UN MINTIREIRO COMPULSIVO EFOI CANDO DECLINEI POLO TEATRO...POBRE DE MIN SI CHEGO A SOCIARME CON ESE EXPECIMEN...
jajajajaja...mira que me rin co anterior comentário....as voltas que dá a vida!!!!! jajajaja
Eu quería ser editora, o meu traballo era ler libros e publicalos... mais a miña dieta básica segue sendo de soños...
Eu de pequena tamén quixen ser moitas cousas, perruqueira, profesora de matemáticas, profesora de historia, locutora de radio, logo xornalista sen máis, actriz, agora o que si me gustaría é montar un cafe/tetería biblioteca, ou simplemente unha libraría, pero si, a profesión á que realmente me adico é a mesma que a túa, son soñadora.
ás veces, o malo é non facer iso que soñamos. E outras, o malo é facer todo o que soñamos. Eu, todo o que quixen ser de nena, funo. E podo garantir que da moito traballo. De ter a capacidade de imaxinar unha profesión tan fermosa, pois escollíaa con toda seguridade!
yo querria ser profesor de lengua y ortografía para enseñaros a hablar y escribir
Algo lin por aí de "tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer"
Eu quería ser trapecista, sonhaba con piruetas no ar...
Unha aperta sonhadora.
:)
Bonito posteo.
Enviar um comentário