1/02/2008

remates de natal....


o ano começa nestas terras como de ningumha forma milhor podería escomeçar...chovendo, chovendo a cántaros que din por istes lares, ou diluviando que dirían os profetas xudaicos...e a sensaçom da chuvia petando nos vidros, namentres na minha cassa, enfronte da cheminea, curamos toda a familia as resacas do ano velho, é o máis paressido a um día familiar que se pode ter....a chuvia traenos pois un ano limpinho e a posibilidade (pra min cáseque esquençida) de bailar baijo dela...os días de nadal van rematando e a viagem de volta cara a atlántica barna vai-se perfilando um chisquinho....pero denantes queda o mítico día de reis, pois ressulta que como no Corme de suso, na minha terra nom che som moi monárquicos, e se acude alghen é polos caramelos...como iste ano o dos caramelos aínd nom está moi claro, o número de monárquicos-cristians-melossos paresse ser que cairá en picado, porque para ver como tres elementos saúdan ao público e tiran caramelos sen a complicidade de ninguén (iste ano baixou a média de idade da gente que cre nos tres monarcas, está en dois anos e médio) chegha co nicolás vestido das cores de colacola....oitra coissa é se me piden a min que seja o "enviado" dos reis magos poe istes lares...(sempre quigem ser baltassar por solidaridade cos pobos e culturas oprimidas....) será um dilema actuar sen público e estar na boca de todos/as...alomenos bailarei coa chuvia bem abrighadinho.......

5 comentários:

Anónimo disse...

Como esteticién, ou como se escriba e diga, véxoche no teu papel de Baltassar, os rizos son os axeitados.

Eu non levo tanto tempo sen ver a chuvia coma ti, pero síntome estrano baixo dela; quen o diría dun tipo que pensaba en meterse do estanque dos patos fronte económicas porque, no fondo, seguro que se estaría mellor, máis seco que na superficie, sobre o cemento da rúa.

Desfruta o que che queda de vacacións

Suso Lista disse...

O millor é estar na boca de topdos, pero dandoche bicos. Feliciano

Marinha de Allegue disse...

Feliz Noite Máxica!!!.

Unha aperta grande.
:)

torredebabel disse...

que nos dera algo da vosa chuvia nestes días abafantes de verán!! Boas festas!

Pau disse...

Pois ainda daría eu algo por verche de Baltasar