11/25/2005

(III)


adoecían as ganhas por juntar de novo ises beizos alonjados polo destino, nom existía a distancia que realmente nos separaba, cada ves máis curta...a estrada non era atranco, pois o tráfico abríase a min como o tupido atasco ao son da serea da ambulancia...os anzos eran imáns que turraban dos nosos corpos a decenas de quilómetros...pero o tempo, o inexorabel tempo nom corría polas agulhas do meu gastado reloxio, soprabalhe, moviaas, ata tentei escachar a esfera de cristal que o protege da intemperie...nom hâ engano contra o tempo...e os coches que adiantaba quedabanme olhando pampos como se só existisem noitra dimensiom...a lúa era cheia, mais faltábanlhe tres horas para façer da súa presença aconteçimento...a nuite prometía, polo ambiente, pola festa, por ela...por min...o cheirume das sardinhas perdendo graxa ao calor das brasas é um olor que me remonta á infancia, mais nom podo comelas, danme noxo, arrepíos e debilitome con só pensar nelas, pero nese día as sardinhas eram as raínhas, a broa, as lumieiras...e ela...cheguei antes do agardado, os atalhos foron autoestradas e os pasos de peóns, graffitis das gueivotas no chan...e ela apareçeu pintada, pintada con tonos orientais...nas súas mans umas chaves, nos beizos o bendito sorriso, grial das minhas inquedanzas...de como fiquei só naquela cidade alhea, coas súas chaves nas mans, de como a nuite nom deijaba de ser mágica sem a súa presença, de como o meu riso sobrepasou os seus beizos, a súa pel de canela que muitas veces voltaría a saborear...de como as sardinhas borraron o seu cheiro a perfume de elite...sorrinlhe ao ceo e bailei coa nuite case en cernes de se apoderar do día, o día máis longo de cantos ese ano conheçeu....no alto do piso, con só xirar un anaquinho a chave no cerrolho poidem divisar uma fiestra aberta e uma cortina voando pola habitaçom, nunca puiden esquemçer esa cortina tapandome os olhos pola força do vento, escondendome seis alturas embaijo minha que me separabam da vertixinosa algarabía urbana...imposible nom comtemplar ás formiguinhas pululando pola cidade alhea, imposible nom olhar como saudaba dende abaijo denantes de subir ao coche... a soidade cheia de oportunidades, tirarme da fiestra abaijo nom pasou pola minha mente, se cadra para voar, para tocar polo ar cada uma das lumieiras daquela peonal rúa esquençida...a obnuvilaçom interrumpida por oitra chave coma a minha, giramdo na fechadura, a sorpresa de se era ela que voltara atrás, o tempo, o maldito tempo que agora sí frenaba en seco...mais nom era ela, oitra vos, oitro pelo, oitro sorriso, oitro arrecendo, nom era ela, mais era o mesmo as cartas estabam botadas e tinha con quem aplacar de vinho as minhas queijas que nom eram muitas de por emtóm. do máis insospeitado fijemos lenha, que nim marcos, que nim cuadros enmarcados, que nin silhom velho... a cidade era uma fojeira en sí mesma e o alcól começaba a regar os risos de xemtes que coma min acudíam ao berro de superar a lumiera dun chimpo purificador... a plenitude fíjose na nuite, nas conversas, nos risos, nese mar onde começei a queimar a minha maldita , pesada e andraxosa ialma...que noitro ano do mesmo día decidim retomar...

6 comentários:

eue disse...

Os meus dous cheiros favoritos:
1. As sardiñas
2. Os arrecendos no aire do vran

verdello disse...

debe ser que como meu pai é ferreiro non como sardiñas, pero no san xoán nada hai coma elas pingando no pan de broa, reflectindo o lume da fogueira. que imaxe! moito me gusta esa noite,os xogos co dragón, sobre todo dende que os reincorporei á miña vida.

beixos vermellos. esta fin de semana espero andar por aí, pero xa sabes, non prometo nada.

TXARI disse...

é uma peninha o das sardinhas, jâ... pero sufro peneirando o seu cheiro no ar sem poder degustala, a minha mente debuja o acto no ar pero o estómajo péchase em banda...pero como a broa...máis broa que ninquém!!!

Anónimo disse...

Good design!
[url=http://qcjwjhwf.com/otjn/rota.html]My homepage[/url] | [url=http://qjswnmvu.com/phfr/pbth.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Great work!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Great work!
http://qcjwjhwf.com/otjn/rota.html | http://ptbfbcuw.com/fhet/aykj.html