e con el foise a luz, e a nuite tinguiu de loito a súa escuridade,... e o velho cinematógrafo voltou hoje a ser mudo, a sonoridade con el tamén levou...pero fui máis o que deixou esquencido nas maletas das súas lembranzas, toda a memória colectiva en tamaño 16x16, as ledicias dos tempos idos, as degrazas da máis afastadas das terras médias, hoje foise cos méritos que a el sí se lhe puideron rendir en vida, foise a memória até entón viva, e a ledicia...foise a ledicia que asomaba ao seu rostro cada vez que falaba dunha fotografía súa, son desas persoas que cando a conheces sabes que estás conhecendo á Posteridade, un anaco de História... el foi feliz retratando e a fotografía jâ nom será a mesma sen a súa felicidade...nom sei onde andará agora pero de seguro que será sempre acompañado da súa kodak e os milheiros de histórias que del os meus ouvidos escuitaron...
5/14/2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Buen homenaje para un buen legado.
Saludo!
Unha pregunta/confirmación: ti estás en barna, ¿non? A partir de outubro estarei por aí (se non hai grandes cambios na miña vida)
pois si barna é quen ten a sorte de me acolher, ou eu a sorte de acolherme nela, de seguro que serás bem-vido, logo...
eses que traballan honestamente, eses que saben chegar ao corazón das persoas, eses que saben contar historias, eses non morren nunca.
Enviar um comentário