5/05/2007


cumplindo a invitaçom de marinha, deixo aqui unhas respostas ao xeito que proust fijo nun par de ocasións, abertas quedan as portas do meu sentir...


¿O principal rasgo do meu carácter? A toleráncia e a tranquilidade

¿A cualidade que prefiro nun home? A creatividade

¿A cualidade que desexo nunha muller? A creatividade e a comprensión

¿O que máis aprecio nos meus amigos? A constáncia.

¿O meu principal defecto? Dubidar de máis, ser tan tolerante.

¿A miña ocupación preferida? Descansar e interactuar coa xente.

¿O meu soño de dicha?Un mundo xusto e guiado polo sorriso.

¿Cal sería a miña maior desgraza? Perder os referentes.

¿Que quixera ser? Cura.

¿Onde desexaría vivir? Mar, montanha preto, río e muita natureza.

¿A cor que prefiro? A laranxa

¿A flor que prefiro?A orquídea

¿O paxaro que prefiro? O arao

¿O meu autor preferido en prosa? Gabriel García Márquez

¿O meu poeta preferido? Ánxo Valente, Neruda, Lorca

¿O meu heroe de ficción? Songhoku

¿A miña heroína de ficción? Mafalda

¿O meu compositor preferido? Dvorak

¿O meu pintor predilecto? Lugrís, Dalí

¿O meu heroe da vida real? O meu Pai.

¿A miña heroína da vida real? A minha nai

¿Os meus nomes favoritos? Noa, Ana, Noé

¿Que detesto máis que nada? A inxustiza

¿Que caracteres históricos desprezo máis?As dictaduras

¿Que feito militar admiro máis? Revoluçao dos cravos

¿Que reforma admiro máis? A que fixen na minha habitaçom

¿Que dons naturais quixeras ter? Autoestima e Impulso

¿Como me gustaría morrer? Nom gostaría de morrer.

¿Estado presente do meu espírito? Busqueda de respostas

¿Feitos que me inspiran máis indulxencia? Os que nacen da ignoráncia nom buscada

¿O meu lema?: Fai bem e nom mires a quen


e por convidar, pois convido a calqueira que por aquí pase...

4 comentários:

Marinha de Allegue disse...

Non sabía eu da túa vocación relixiosa...

Beijos.
;)

torredebabel disse...

tampouco eu! Gustoume moito o teu desexo dun mundo xusto e guiado polo sorriso. A ver se o conseguimos!

Ra disse...

Vecino, lo siento, le plagié una respuesta...era soberanamente buena.
Saludo!

Anónimo disse...

hai que quererse máis. sen pasarse, claro, pero hai que quererse.