um día coma hoje dende o exilio vívese de xeito distinto a como se fai na terra. aquí tes que preguntar e indagar se ques saber a quen se lhe adican “as letras” deste ano. a María Marinho pois nom a conhecía muito se nom é por que escuitar algo dela na literatura feminina e en relación a o poeta do Courel. Nom hâ programas que che lembren a cotío a figura de María Marinho, nem infinidades de actos literarios e lingüisticos (si tenho que decir que nesta terra hoje manolo rivas é presentado polo conseller en cap numa charla-colóquio), nom ves a tanta gente pola rúa “falando galego por un día” pero nom é raro escuitar o galego calqueira día, sintes o día como se cada letras galegas que pasa necesitases esforzar-te máis e declarar máis alto o teu amor pola língua…quizais a maior rareza é que aquí hoje nom é día festivo e hai menos gemte na praia, rúa, montanha ou onde seja que festegem un día coma hoje… pola lingua que nos une, para que nos una máis cada día…
5/17/2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
9 comentários:
Bien dicho
Fermosa fotografía e acertado post, por certo, eu tamén teño roto o mesmo dente ;)
Aquí foi un día precioso e de calor pero eu paseino na cociña poñendo o fregadeiro. Iso si, teño que agradecer a María Mariño que non houbese escape de auga.
Un saúdo.
que raro se ve el correo gallego en galego sorte da foto do conderoa para nom esquencer o que som.
concordo en todo o que dis.
mais, alomenos, polo de pronto o día das letras xa serviu para que a Mariño viaxe a Berlín traducida ó alemán. corenta anos despois, iso si.
beijo
pd: qué che pasou no dente?
aclarar que o dente roto nom é meu, e a foto tampouco a saquei eu, é um empréstimo a cambio dum relato, pero de seguro que lhe preguntarei a o
dono dese medio dente como foi o sucedido...
terás que publicar o relato, logo
a primeira vez que fun a Barcelona o primeiro que ouvín na rúa (na Praça de Espanya, chegando d'El Prat) foi o galego! e non foi a última vez. Óese ben máis que entre os emigrados en Madrid, por certo...
apertas
a lembranza en Bos Aires foi moi emotiva, e en galego. Pensarás que é unha obviedade. Pois non... tristemente non.
Enviar um comentário