
12/21/2007
de re-voltas com neve...

12/14/2007
a verssiom definitiva.....(?!?)

a verssióm dúas...

Pois iso, nos somos dous e sempre dous,bueno… a veces somos tres, e incluso catro, pero nunca máis pois …vais indo e vindo, volvendo e marchando….paresemos parvos por Barselona.
Eu tamén me incluio akí. Son a que máis leva pero asé mesmo son a que máis adoese por rejresar.
A miña mente ten subidas e baixadas, ama a Jalisia e tamén a odia. Sempre teño no pensamento ”hostia…tanto me das e tanto me qitas”. Non podo parar de pensar neso. Lojo párome e volto a pensar por qe escribo? Por qe nadie lee o qe escribo? Por qe non deixo qe nadie leia o qe escribo? Será por qe é o qe sinto e non qero qe nadie dos dous, tres uo catro o sepan….e se o saben? Se o saben a sua mente cairá coa miña? Merda merda e mais merda….Hoxe non qero falar de min, hoxe qero demostrar o por qé estou akí, lonxe do qe mais qero. Hai cousas qe se teñen qe vivir fora da casa, hai cousas qe non che pasan debaixo das faldas dos qe estimas…ai cousas qe mecajo na cona DEBEN DE SER CONTADAS!! E hoxe só hoxe é o día, pois onte ca emoción xa llo contei a todo o mundo pero HOXE e SÓ HOXE debe qedar escrita. E penso o por qé? E simplemente é qe non teño janas de traballar e diante da pantalla parece qe estou currando como un negro no tow line.
Pois como sempre íamos dous, pois cando che pasan cousa maravillosas tes por collóns qe ir cunha parella pois senón chamanche esaxerada. Ou será só a min?….tamén pode ser. Bueno ó suceso:
P.( radiante cos seus rizos e pensando por qé eu saín lesbiana…pois a verdade fasíamos boa parexa) e eu ( jodida pensando porque sempre me namoro das persoas máis imposibles de namorarme) polas ruas de Barcelona andando sen sentido e intentando buscarlle sentido ó mundo. Paresía un día do mais normal. Íamos por detrás de Sans, serquiña da miña casa e eu apurando o paso pois non chejaba a peluquería e por un sábado qe non tiña resaka pola mañá hai qe aprobeitalo á muerte. Ata qe, frente a nós unhas maletas sen dono aparente. Unhas maletas de cor nejra qe a min, me chamaban, por un instinto qe janei en Barcelona de roubar todo o posible e remexer na merda pois nunca sabes o qe podes atopar na capaital. Pois en 0,3 sen mais alí estabamos como bajabundos, como se non tibesemos un can a remexer níkel tesouro. Bueno carallo….miramos para un lado miramos para o outro….demoslle unha volta e outra…pin pan!!! a sejir o paseo pero desta ves paresíamos turistas fuxidos. Carjados con maletas, jiris totais( pros q me conosan….pareso jiri e pablo o meu jicholó). P. nen miraba pa atrás e eu tampouco pois alá no fondo estabamos roubando…non sabíamos o ké, non sabiamos nada…joder tamén deixar unha maletas ó carón dun contenedor non creio qe foran tomar un café…..debían de estar abandonadas, pero eu sentia qe as estaba roubando qe o qe fasía non staba ben e o peor de todo e qe o meu corpo fervía con ese sentimento…joder son unha puta mandante, pero como mola jijijiji.!!!!!!!!!!!!!
Outra ves qe me vou polas ramas.
Sije sije sije, apura apura apura…chejamos a peluquería da qe xa nadie se acordaba e a qe eu, claramente , cambiei a ves( tamen lle dixen ó rapas dos risos qe non podia atenderme Mónica a peluquera, aiiiiiiiiii canto vos contaría pero ajora non é o momento). Ó caso qe ó despiste cambiei a ves, os meus pelos non tiñan prioridade nese momento, non podia perder un minuto máis para abrir esas maletas. Podía haber unha bomba, podía haber merda, podía haber….eu qe sei, fora o qe fora para min era un tesouro e senón ,Mira , qedaríame cunhas maletas do trinke.
Subimos no ascensor, qe vivo nun séptimo e entre entresuelos e principales parese qe vivo nun piso dose ou trese. Inda qe vivira no sejundo ese dia habia qe coller ó ascensor e xa está. Entramos na casa e pasamos a ser tres. Non sei se xa éramos moitos. Tres. Non me justa ese número.( Aprobeito este minuto para mandarlle un biko a Ju. qe nunca ves fumos tres…bueno qe é mellor non profundizar)
Xa éramos tres, ahí acabei. Entra T. na historia. T., como describir a T.…bueno vou ir mais alá….como describir a xente qe vive no meu piso. Só unha ves o fixen ben , e está escrito nunca nota q elle deixei a miña compañeira Pp. para explicarlle a clase de familia desestructurada qe vive na miña casa –sétimo sejunda escaleira A. Tres persoas, tres compañeiras (bueno case catro qe a Ju. non sae de alí, e eu o prefiro, pois como xa dicen o tres non me justa nada)
PERO IMAXINADE ESAS POBRES MALETAS EN QE CLASE DE PISO FORON A DAR. FIXO QE SI TIBERAN PES XA ESTARIAN NA CASA DA COLLONA.
Pois Pp. non estaba, pero T., lojo se intejrou para ver qe carallo traíamos con nós, sempre antes chamándonos porcos. Normal, qe dirías ti se a tua compañeira che cheja con maletas dun contenedor…..pois qe vive en Barcelona joder!!
Mimá volvo ó asunto das maletas, e qe esta vida qe levamos….comtaría sentos de historias, nen novelas nin contos…podería botar anos falando de sucesos.
Abrimos as maletas, cheos de curiosidade. Un cheirume a hospital chejábame da maleta de P.. Ahhhhh pónseme a pel de pola de recordalo. Abro a miña. Unha brajiña, un suxeitador, catro prendas máis…..ou hostia qe decepción. Por riba vaia trapitos……qe che tiña ben mal justo a rapasa. Pero da de P. caen papeles e mais papeles…..moitos papeles. Os nosos seis ollos ficaron para alí. Eran cartas. Cartas qe non deberíamos ler, cartas qe son a mais cousa intima dunha persoa, cartas qe son sentimentos levadas ó papel. Joder cartas qe no mesmo instante qe as vimos xa as abrimos para lelas. E fixemos mal, pois si pero vaia morbo.
Vaia tres adentrándonos na intimidade dunha rapaza con mal gusto ó vestir.
Vaia tres revolvendo, e revolvendo buscándolle coordinación ó qe as cartas dispersas nos estaban dicindo. Pois se estaban alí era para qe as lésemos e qe vísemos o qe nos qerían decir.
Esa brajiña, ese suxeitador…..ese olor….. todo empeza a encaixar “ de prisión a prisión”
Eu flipo, pónseme a pel de pola. Todo encixaba. Vaia historia. Nen Almodóvar é capas de contar aljo tan bonito e ó mesmo tempo tan tráxico.
Helena, presa da cárcere de Barcelona cartéase con Antonio, presa da cárcere de Madrid. Non se cartean, decir eso e decir unha tontería. Se namoran. Carta a carta mais cariño e mais amor desprenden. Non sei como expresar o qe aqueles papeles sucios e bellos e cheios de faltas de ortografía e debuxos tontos de nenos cativos expresaban. Era o amor e a falta de cariño levada ó extremo. A soidade dunha cárcere qe che jode a xuventude en contra dos momentos de confianza no bis a bis. O contaban todo. Normal. Dende a primeira á última vez qe se viron: o seu primeiro encontro, noites no calabozo por arma blanca, paxariños e máis paxariños inventados pola sua imaginación……qe tonterías cegamos a decir por sentirnos qeridos. Era verdadeiro amor. Non o sei mais coido qe si. Cartas da súa irmá chea de pena por tela tan lonxe, e o máis forte qe non se preocupara qe todo ía sair ben e pronto estarían xuntas.
A historia de amor emprezase a embarullar.
Non entndo moito o qe pasa. P. mira para min. Eu estou inmersa nos paxariños das cartas, e entre rindo e flipando. P. volve a mirar para min. Eu miro pa P., e non sei como explicalo pero xa sabía o qe pasaba, xa o intuía. Nunca supen o por qé, pero tampouco me sorprendeu tanto. Helena, presa en Barcelona , Helena cheia de amor. Helena, Helena da qe estaba aprndendo sen darme conta… en verdade era Manuel. Un cambio de sexo fai 10 anos converteuna en Helena(como sua nai). Certificados e mais certificados de minusvalía, de depresións…. De merda. Volvemos á merda. Poir iso a irmá lle decia qe se tranquilizase qe todo ía sair ben. O de Madrid debeuse de enterar….centos de cousas empezaron a sair das nosas mentes perversas. Centos de historias, pois a qe nos ten akí non ten fin. Non existe esa última carta qe nos diga qe pasou. Pastillas e mais pastillas de hormonas ou drojas….ai lalelo.
Helena saiu da cárcere, so lle faltaban 2 semanas na última carta, na súa bibiografía, e fuxiu, e correu e deixou atrás todo incluso as súas maletas.
Separémonos delas, éramos tres persoas flipando. Éramos tres persoas qe non saben o qe teñen qe facer nese momento. Todo acabou mal, pensamos. Vaia historia. A min ata me deixou mal o corpo, qe nadie me prejunte o por qé. Repito, vaia historia, qe cada un pense o qe qeira, eu so penso na valentía desa muller, na sua vida, na sua mala vida, á cárcere, porqé? Nunca o sabrei. O seu namorado….como acabou….voltou ca sua irmá?? Qe historia tan bonita.
Nós no último arranqe de egoismo de día qe fixemos, pois tiralo todo e qedarnos coas maletas. Inda ajora me parece increíble haber feito semejante parvada, pero no fondo era o qe había qe facer. Helena qería qe eso fose a basura….e alí foi. Xuro por Dios qe tres bolsas de basura foron o contenedor enterrando todos os sentimentos qe ese día volveron a nacer. Tres bolsas, mal número.
Contei a historia 20 veces e 40 veces qe me falta por contar. Creo qe se teño netos algún día lla contarei. Creo qe non me qeda nadie conocido qe non a sepa. E pa qen non a sepa por min sabrana por T. ou P. Vaia historia qe non morre dos nosos recordos.
E ajora xa pasou un mes do encontro do tesouro, e as maletas foron repartidas, eu qedeime ca pequeña para ir a Jalisia de ves en cando e non ir con mochila. Y Pablo ca grande qe vou falta lle fai pa tanta mudanza. T. era a terceira, qedou sen premio.
Pois si, era un recordo precioso, e inda o é. Mais onte volvín a abrir a mente, volvín ó mes pasado a abrir a maleta. Dios qe fuerte. Nun día calqera como onte, aburrido como o carallo en Castellbisbal, rodeada de ordenadores e impresoras imprimindo etiquetas e rompéndome a cabeza, foi como estar aquel dia diante do contenedor. P., o número 2 lendo o xornal como todos os días fixo cerrarse o círculo. Fixo qe me arrancase unha sonrisa e me alejrase o día. Convirteu o día 13 de Decmbro do 2007 nun día qe non vou esqecer nunca. “Un transexual ea parella saen da cárcere para casar”, para calqera esta noticia pasaríalle desapercibida, reiríanse e incluso nen se pararían a leela e pasarían páxina. Pero o núm dous non. O número dous non. Joder Jrasias por leer o periódico. Xuro leelo todos os días. Helena casou. Qé fuerte. Non mo podía creer e inda me costa crelo. Qen me iba decir a min, vaia historia vaia historia, vaia show dous encadeados poniendo os aneis, …..pero por unha vez pensei qe todo é posible e qe se estou por Barcelona é por aljo e algún día o sabrei.
Podería contar mais sentimentos pero a historia xa se cerrou y eu con ela.
5 FOLLAS, JÚSTAME O NUMERO SINCO."""
12/11/2007
de oitra volta!!

resolto o assunto deijandome levar polo azar (e polo azahar) a semaNa de tomas de desiçoms saíu bem , deixeime levar, sem perder nota do que me rodeaba...e todos saímos ghanhando...bueno case todos, pero a forza maior, umha ligeira indisposiçom e o resto figerom que..sem problemas....
e tocou voltar a decidir, e decidim ser feliz, tomar a felicidade tal como vem e sorrirlhe...e se a vida algumha vez vem amarghada...pedimoslhe sal e tequila e brindamos...e brindarei, em breve, porque é preciosso ter um motivo máis para voltar a cassa no nadal (pero nom falarei de voltar nem da distáncia pq jà houbo quem me propujo mudarlhe o nome a o blog polo de "emighrAnte com ghanas de des-emighrar"...tampouco é a coissa asím)...e agardo voltar sorrindo, tarde pero sorrindo, doutra vez tocará ir em carro polos mares de Terra que me separAn de todo o que me agharda no nadaL atlántico: comidas, ceas, amizades, famílIa, sorpressas!,coche, selecçom!!!!, saidas e rissos entre encontros, reencontros...nótase-me que decidin ser aleghre!!??...jajajajA....
11/30/2007
do dilema...

E a ver como caralho resolvo eu o dilema desta fin de semana….brrrrr, alghem terá que perder!!!!
11/19/2007
das maletas da fugida,,,

11/08/2007
das uito coissas...

Um.- pisso carrer calábria, bcna.- pisso ambiente ocupa, con cinco habitaçoms, mobles aproveitados da rúa, prezo moi barato, cama de matrimónio, gente moi enrolhada e moi preghisseira tambén…todo era fumar, rir e descansar…cheghou a merda ao teito…e houbo que limpala enteirinha!!!!!
Dois.-pisso carrer casp, bcna.- pisso de luxazo, pantalla de plasma tamanho XXL, salón para patinar, saltar á corda e pinchar música a o mesmo tempo, cozinha pequena pero sempre ocupada por cozinheiros exquisitos, companheiros/as impresionantes, moi bo rolho, chegaron a ser amigos máis que companheiros, cama matrimónio…houbo que deixalo con pena, pero nom quedou oitra…
Tres.-pisso poble sec. bcna- pisso a o que cheghei fuxindo e marchei do mesmo geito, pisso moi soleado (vivin o vran nel), cama de matrimónio, moi bo rolho cos companheiros, ambiente internacional, pisso de luxo, nom moi caro, só que quen tinha que pagalo desapareceu cos cartos rumbo a Nova Zelanda, os mossos non deron creto de tal…
Quatro.-pisso avinguda paral.lel, bcna.- mini-zulo que constaba de catre, armário e um pequeño espazo para respirar, só umha companheira, neurótica, obsesionada coa limpeza (coa das demáis, coa súa era máis relajada), moi bem situado, moi caro…patas para que vos quero…
Cinco.-pisso perilho, oleiros.- pisazo-que-te-cagas-que-case-choro-cando-o-deixei, cheghei fuxindo, busqueino cum companheiro, logo vinheiron dois máis, soleados, ambiente rural, cama de matrimónio, habitaçom espaciossísímas, mobles redecorados por min, dous banhos, sitio para aparcar o coche, a o ladinho do trabalho, companheiros conhecidos de sempre…mimá e pensar que houbo que deixalo e últimamente o resto van caendo coma moscas…festas con canhita, ir á praia, discutir, fumar, rir, chorar, folhar, comer, limpar…bueno limpar, limpar nom foi moi parelho…
Seis.-pisso-chalet na zapateira, a crunha.- cheghei de emergéncia, enorme, vixiado polos donos que vivian ao lado, ambiente “moi participativo”, a convivencia vixiada polos donos que vivian ao lado, espacio enorme para aparcar, na finca, preto da casa, ambiente vixiado polos donos que vivian ao lado, conhecin a moi, moi boa gente…que ainda conheço… nono soportei máis…lisquei logo de venderlhe umha habitaçom e case meterlhe um porquinho a durmir no jardim…
Sete.- pisso avenida das camelias, cidade olívica.- pisso que procurei com tempo, moi procurado, gente moi boa, cama de matrimónio, bo ambiente, boa situaçom, amigos en comun cos companheios…marchei por cambio de trabalho e cidade logo de viver um mes e médio…
Uito.- pisso rúa condesa bárcena, cidade olívica.- pisso onde vivín de extranjis, um mes e pico (os donos que alugaban nom aceptaban a homes no pisso, pero nem para tomar un café!!!) reherdei a habita dumha amiga para conheçer a oitra (eu digho re-conheçer, ou máis profundamente que jâ lhe conhessía a súa mirada), cama normalinha, habita bem…en constante vigiáncia por se vinham os donos (imborrable a lembrança de ter que comer umha mchambueguesa por viren estes sem avisar na minha hora da comida…) peghada-peghada a o choio, pisso de comer bem, con sobremessa de faladoiro, confessions, italiano, yoga, erghersse á mesa hora-pelejar pola ducha con quatro rádios e tres teles prendidas a um tempo, e muita pena de marchar….algho queda daquelo…que nom é pouco….
E agora nom vivo en ningún destes pissos e em todos ao mesmo tempo, pero som coma os filhos, ainda que seja a décima mudanza…asusta….
Hai que nomear a alghen??!!!, verdelho, susolista, cartafol de silencios, pau, marinha, e nom sei máis, se están repetidos éche o mesmo , releédelos... (sintoo, cheghei algho tarde...)
10/28/2007
caminho a cassa...(u-la ítaca?)
puxem os calcetins dobrados como a ti che ghusta, as camisas sabes que nom som quem de doblalas moi bem, van a barulho, tenho ferro de pasar, e gosto de facelo, perde coidado...os pantalóns som escasos, nom tenho máis de três que se podan usar, e um levareino a trabalhar, pero cabem, pujem as camissolas desas de debuxos panegíricos da nosa autoodiada ideosincrassia, istas encarteinas bem...tenhem indicaçoms a o lombo, e nom tivem ganhas de ponher máis nada, se total o garda de aeroporto sempre a toma comigo e revisame todo confundindome co avance dumha célula islamista con basse em compostela...nom coupo a choiva que amainou num crarejado día de mencer (a parte nom podo levar líquidos comigo), nem as temsióms por teren que pensar dúas coissas a um tempo, as ansias de pisar terra galega acrecentanse e diminúen a cada tanto, nom sei se a choiva é boa companheira pero agardo atopar algo máis que chuvia no enéssimo desembarco a casa... e a tranquilidade suficiente para enfrontarme a um novo pisso, umha nova cidade e umha nova vida cando volte...namentres terei que sorrir, porque sorrir coido que pode ser a milhor presentaçom ante o que venha...avanti galiza que o corpo jâ vai caminho para alá onde a mente leva días...
10/27/2007
segue chovendo...

chove, e segue chovendo / e nom tenho sono, devin de perdelo procurando choiva / e cada pinga apaga máis se cadra o meu sono / como fai co lume cando arrabea pola lareira /chove forte, que é como lhe chaman aqui cando caen cortinas de choiva /na minha terra a choiva é miúda, e cada pinga trae umha nova nova / pero coido que isto jâ o escribira antes, muito antes de que comezase a chover / pero segue chovendo, e a choiva nom trae escampe / e a mente vaise en cada pinga, cara atrás, cara a memória /por isso lémbrome que chove e que o sono se cadra jâ nom virá...
10/17/2007
et tu , Yolanda??

Yolanda viuse sobredimensionada e nom soubo aturar o temporal, fai o mal pero nom gosta de que lho digam na face, tampouco a súa literatura vital sabe encadrala no terreo do humor sarcástico...dou um golpe, tentou dar um golpe legal-mediático que os aduaneiros souberon sobredimensionar, pero ela nom é capaz de olhar moito máis alá do seu redor...como digerom, co orgulho que debe ser aparecer como um icono aduaneiro....!!!, a ver se recae o sentidinho e voltan os cauces a o seu río, Yolanda ás súas poesías e vida glamourossa baijo as sombras fructiferas dos novos sargadelos (alá ela e a súa conciéncia) e os aduaneiros a publicar, que jâ o tinham esquecido!...
hai umha marea, marea, marea d posts e apoio á causa....
10/16/2007
días de pátria, gando e kiko neves...

o día amencía cos estertores aínda da farra do día anterior, o sol impoluto firmaba un bo comezo de jornada do patriótico día da terrinha...e saimos com tempo a unir cum berro, que cada vez ten menos de berro e máis de costume afianzado, a nosa voz ás oitras que pregoan a redenzón da boa nazón de breogán...e como é de costume éramos muitos e nom cabíamos sobre os ósos dos enterrados nessa quintana con máis história que capacidade..logo a fame fixo apariçom e como o resto do rebanho dirigin-me a onde antanho ataban as bestas e demáis "animalinhos de viver"que diría vidal bolanho, adicados a o máis puro intercambio tradicional (sempre dubidei como podes valorar un porco criado na casa durante ano e medio e umha besta mantida na máis codiciada vida por um animal, para saber que um pode equiparar á oitra? porque agora acostumamonos a que o valor das coisas venha dado por multinacionais e demáis que calculan custes, demandas e distintos números...pero calcular custes de ano e medio ou de toda umha vida... coido que faciase umha média natural do mercado, valoraban a olho umha desviaçom estándar e umha varianza e sumabanlhe que o seu bicho era milhor que o resto e pedían tanto...malia que sempre había e hai um tratante que fode toda lóxica estadística e matemática, pero o dos tratantes (en feminino nom conheço o caso) é um tema a tratar moi profundamente noutro momento (e fareino, porque dá pra muito e máis...)
e alá estabamos de algarabía, como soe passar nestes cassos entraronme ghanas de rachar o bilhete de avión de volta, pero sabería que nom serviría de nada,...soeme acontecer en momentos varios, case sempre na terrinha, pero aghora acrecentado porque começei a ver a caras conhecidas en cada curruncho, gemtes coas que tinha conversas pendentes, ou inacabadas ou sem iniciar....aihhhhh, que fóra nom me entenden isso de ter morrinha até dentro da túa própia casa, da túa própia terra....
e entre risos e ansiedades agardaba á mussa das inquedanza, isse espiritu que sempre promete aparecer pero o destino confabulasse e montalhe cada movida "que te cagas" para entendelas e facer auto de fe en que isso é possible e ás vezes passa...prometía umha cita coa inspiracióm e aproveitando que tinha que passar por a antiga cidade dos saberes... apareceu...pero nom apareceu á hora acordada, nem nos vinte minutos posteriores que prometera, inclusso tiven que acortar eu a distáncia cando dixo aquilo de "e que me atopo con amigos /as a cada passo...!" (algho que nom me é novo vindo de quen ven e onde "estudou")...pero apareceu, nom por arte de mágia, nem arte divino, senón por arte de diva, que o é sem sabelo (saber, sábeo que lho digho, pero en escassas coisas me cre, di que sempre esaxero...) e veu cumha sorpressa embaijo do brazo sem ela o saber nem agardar... (eu menos) pero ali estaba cun grupo de gemte que nom conheçia pero me soaban como se os conhecese de toda a vida (pasame con dúas quintas de jornalistas e filólogos que estudaran nos arrabales do burgo (arrabales do burgho!!!, que jâ é dizer !!)... e comezaron as presentaçoms, cotiás e ás vezes repetidas (e que co das caras e os nomes...) tal e qual, fulanita que che falara dela por non seique, o mozo que jà o conheceras en nonse onde, e kiko neves...saltei como um resorte num reloxo marcando as badaladas do ano final..."nom me jodas!!..kiko neves?...coido que escuitou, pero polo estado no que estabamos a aquelas horas da tardinha nom lhe deu importáncia...pero eu sí, joder, era kiko neves...queo dizer para muitos ver a spielberg pola rúa ou numha festa, pois emocionarialhe e quedaría coa cara de pampo babexando que dizer, ou pra oitros ver a manu chao coa chilava e a guitarra fliparialhe e quixeran dizer mil coisas sem que saia nada...pero a min si que me saiu, saiume um: "encantado de conhecerche" moi, moi auténtico sem babexo, pero sem inquietar a ninguém...primeiro pq nono creia "que vaaa...", "tomasme o pelo"...logo aceptei que era kiko neves como se polbo fose animal de companha...pero cando fomos a tomar algo e achegabanse poetas, pseudo poetas e demáis seres que de juntar palavras se alimentan, pois caín na conta, "pomo, que é kiko neves" e coa túa cara de impávida (celha en alto e voz de "pero tú q me dizes?") soltasme... "claro, jâ cho presentei antes..ou nom?)...jajaja e alí bebemos con kiko neves sem falar de poesía nem de porque a néboa de ponteareas eleva os espritus en forma de verbas rítmicas e asoantes...pero bebendo e presumindo ante a minha récua de lembranzas deses vasinhos que compartin con kiko neves (pra el cónstame que nom eran os primeiros nem os seghundos) a quen, sobra dizer, admiro moito pola poesía que fai e como a fai...
e dalí rescatoume a minha mussa que ía inspirando a cada passo a quen se atopaba a diestra e siniestra (pq prometeu-me nom pararse con todo o mundo, polo que supuxen que todo o mundo nom contaba cos de diante e atrás pero sí diestra e siniestra) e jâ lâ fumos rematar a jornada quedando com máis gente pra falar desse tema do que tanto lhe gustan falar cando se reúnem... (bueno, ela sabe que a quero ighual tal e como é e viceversa...) pero eu fun contento pra casa por que lhe puxera cara de carne e óso a muitas verbas que lera...cara de kiko neves....
10/10/2007
a chuvia...
...hoje choveu, e a chuvia lembroume a ti. a chuvia trouxome o teu arrecendo a dentro do meu peito...e adivinhei-te detrás de cada pinga, estranas pingas as desta terra, detrás de cada trono que che anunciaba, e dancei por ti, polas lembranzas que aínda me inspiras e coas que me dominas... ardes nestas terras con plúvia insistência, e nom che colhín o pulo, acostumados a os teus deveceres maininhos e de caída sopesada, acaeches por umhas pingas de choiva e jâ che pousaches no meu maxín malia que a o intre escampou, pero ti seghias alí...devecendo ser o centro do meu sorriso, que nem eu sei se era de meláncolia ou de retranca, porque nós sabemos chorar de melancolía, e sabemos rir de retranca tambén...
9/25/2007
de paiassos...

..."sei que es moi bo co trapécio, que nos malabares ninquén che fai sombra. Sei que nom hâ quen levante máis pesso que ti, nem ninquém que doble con máis mestría as barras de ferro. Sei que ninguém ten máis coragem que ti diante dun león...pero esto éche um circo, e alghém tinha que ser o paiasso..."
9/18/2007
fotos pola rede...

sei que hai mui boa calidade pola rede adiante no relativo ás fotos, sei que algumhas son mostras que inclusso embeleçem máis a minha ansiada costa...pero sin ser por desmereçer, e muito menos por esqueçer ou minusvalorar, quería hoje deijar a mostra fotográfica dun rapaz deses aventureiros que fan da cámara algo paressido a umha extensióm da súa man, cheghoume por umha amiga común, e gustáronme... realmente figeronme desejar por um intre estar en todos esses lugares nos que el estivo, cos seus mesmos olhos e inquietudes (tambén coa mesma paciéncia...)
9/13/2007
o calcetin desaparecido...

onte perdín um calcetim, dirás ti: "a quen lhe importa?", pois a min , era un bem preciado, mercarao mediante o antigo método xudáico do regateo a uns indios bolivianos ou bolivianos con cara de indíxena, que tanto lhe ten. non regateara por necessidade, máis bem por curiosidade, pero saqueilhe tres pares por un prezo inferior a o que num comenzo agardara. o conto é que dos tres pares, eran os verdes con infinidade de cores os que máis me chamaban a atención. realmente para ser exacto, máis que perdelo, nom tinha onde tinha que estar....
denantes de culpabilizar a ninguén repasei todos os posibles lugares onde puidera esqueçer, ou estraviar dita prenda. no cesto da roupa lixada nom estaba, isso fixome pensar que lavar, lavarase, nom estaba na lavadora, nom estaba no tendal....mudei de método, passei á rolda das preghuntas, algo inquieto jâ, interroghei á súa parelha, quen confessou que nom sabía ren del dende o mércores, claro que levaba catro días volto do revés e pouco puido ver.
as sábanas da cama soen ser cómplices das agochadas dos calcetíns, son ghrandes, metense ás présas na lavadora... apreteilhe duro mais nom soltou tampouco ren do seu paradoiro... seghin olhando, na lámpada do teito (nunca se sabe), misturada cos calzoncilhos, coas camisas, nom daba aparessido...
comentando de esguelho este asunto na oficina coma quen comenta umha tontería, dirigiusse un companheiro a min con seriedade, alzou a olhada dos papeis e díxome:"e fuches ver se está detrás da catedral??" , de começo mireino un pouco abraiado...ía a botarme a rir cando explicoume que muitos calcetins e oitras prendas desaparecidas soen organizarse todos os domingos para se manifestar detrás da catedral...nom mostrou a máis leve mostra de dúbida, nem um simple gesto de tentar rir... dixenlhe: " ...pois... será... " pero tiven que ir, nom puiden quedar coa dúbida no corpo, e fun todo curioso...efectivamente alí, tras a catedral estaban varias prendas sostendo um cartelinho, e a ledicia suprema apoderouse de min cando vin o meu calcetín, mais estaba emparelhado con oitro parecido, de distinto desenho pero cores similares, nom daba creto de tal unión fóra do matrimónio entre iguais... tinhan enriba un cartelinho: " 3 € el par"...o marroquí que defendía os seus direitos e facía da súa voz riu cando lhe expliquei que nom fora un abandono do fogar, senón un secuestro...tiven que paghar o doble polo meu calcetín do que me valera num principio e pra colmo sigho tendo oitro calcetin solto do que nom conhezo nem a súa procedéncia sequera, se che falta um pode que seja este....
9/03/2007
de emighantes novos, ou novos emighrantes...

Lendo a prensa de hoje pola rede, verdadeiro vehículo para contrastar informaçóm, vejo ista nova que me atanhe de pleno, que normalmente som máis as que o fan pero aghora falarei desta.
Como emighrado que som tenho a minha opinión e amáis umha visióm que vai máis alá do meu caso para analisar máis casos. En principio dicir que me parece máis alarmante a idade dos emigrados que a própia cantidade, e que a preparación seja algo fundamental para o emigrado
Un dos principais problemas ao meu xulgar e que habendo recursos nom se aproveitan todo o que se pode e na maioría dos casos quem os aproveita é gente que nom mira pola terra, como bem analisan na prensa. Rechama que noitras facetas e labores sí comenza a haber un aproveitamento e unha disposición a pechar os ciclos económicos na terra, o que favorece máis rendabilidade.
De ahí que a chamada seja nom só a os poderes públicos senón á sociedade en geral, pois a economía da subsisténcia todavía está presente na empresa galega, o empresário de poderes cubrir el todos os postos de trabalho, cubririaos, así, o pluriemprego e a nom profesionalización dos sectores fai que os profesionais emigren a onde poidan desenrolar específicamente o seu trabalho, Canarias na hostelería, Madrid e Catalunya en sectores industriais e Suiza (cada vez menos) e Canarias na construcçom, fugindo do pluriemprego e dos conseguintes soldos baixos.
Súmase tambén a falha de infraestructura debido á pouca concienciación de empresa galega e a sumisión a umha economía que mira máis polos intereses espanhois e das zonas jâ industrializadas que das que están por industrializar. Cómpre concienciarse en que invertir en soldos é invertir en calidade, e calidade que repercutirá no país e numha milhora dos recursos.
A visión de atraso que se ten na galiza contrasta coas ganhas de ver mundo e ver coisas diferentes cando estando jâ fóra ves que Galiza sí pode ser o país das oportunidades, está por façer, só nos falha apostar TODOS/AS por ela…
8/16/2007
de pátrias...
8/14/2007
liberdade...

á volta de pagar a respotagem do combustible, ela jâ nom estaba, deixara un fular vermelho con lunares brancos no assento, máis por esqueçemento que por mostra de tacto…entón comprendeu que a liberdade non estaba en ir a onde un quixera, senon en nom necessitar a ninguén para ir a ningures….e prendeu de novo o coche…
7/20/2007

7/06/2007
6/28/2007
médios de transporte?

Porque se colhes o metro este nom agarda aínda que che veja cun pé dentro e logho fai paradas ás vezes de até tres minutos entre estaçom e estaçom? Cómpre tanta présa se vas a estar parado num túnel, sem luss , sem saída co aínda madrugador alento do de enfronte jâ anegando-che o naris??? No autobús que me levaba case até a miha casa, manolo, o conductor, tinha umha margen de mediadora para quen se retardaba, e vinhan as señoras coas rabissas: “aguarda, ohhhh, que Imirita estaba acabando de vender..!!!” e nom debía de ser mentira pq ao cuarto de hora cheghaba Imirita sen rabissas e cum sorriso de orelha a orelha…isso sim, nom se livraba do “putaaa” que se lhe escapaba polo baijo a quem lhe “parara” o autobús… e nom había problemas coas parada, nom estaban delimitadas e había fins de semana que variaban trescentos metros da fin de semana anterior aseghun a chuvia, o sol, se era tarde ou se pechaba a tenda….a parada máis frequente pasando neghreira estaba no medio da estrada, isso si catro intermitentes, sorriso de manolo…..isso era atençom personalizada, nem chifre, nem pito : “PARALHEEEEE, OHHHHHH”…ás vezes pensei que o tipico paisaninho pedirialhe a manolo: “nom pares, ohhh, aminora que ja embaijo em marcha” pero nom, nunca o vin admitoo.
Oitra porque tes hora fija de embarque nos aeroplanos e logho tes que aghardar, como mínimo média hora a que suban a embarcar-te, e ló nom poden dar o embarque para cando está o avión jâ listo?...na oitra compañía de autobuses na que nom ía a casa pero que cubre umha línha paralela á anterior, nom arrancabamos até que se enchese o bus até un tope, fose a hora que fosse, claro, a gemte cabreabase e mudaron a reunirse entre os cabreados (eu inclúome) para “alugar um servicio discrecional” que co tempo deijou de ser tan discrecional pero que saia á mesam hora e custaba menos da metade, tamen corrías o risco de que nos pararan tres vezes antes de cheghar ao destino os verde-oliva pedindo papeles, licenzas, seguridade, nº de nomseique….dumha quedamos em terra e nom lhe deijaron arrancar, a min preghuntaronme (respeto o idioma original dos interlocutores porque fui así como falaron); “i usted como consiguió el número del autobús?- home, ponno no lateral do bús…-díxenlhe. Miroume, fitou o lateral do bus onde vinha o nº, e dixo: -así que lo vió ahí?- nom, dixenlhe, vinno no oitro lateral….surrealista, pero quedamos en terra.
Oitra, pq está prohibido entrar na zona de embarque com zumes e logho chos venden arriba, o triple de maís caros…pq se é pola ameaza terrorista eu ofrecinme a emborcalo num cacharrinho que levaba con tapa a o uso, pero nanai da china…o una free zone ou no avión…pero no avión cando pedin agua do grifo tampouco ma deron: “no tenemos”.dijerom, “ e ló os banhos con que funcionan?-“pues no te lo sé” pero tenemos cocacola” no tren da Coruña a vigho, cando tinhas que madrugar para cheghar a tempo as fumaradas da medianuite en panjom, tampouco estaba permitido beber, a un colega quijeronlhe quitar a bebida, ameazou: “pois aquí nom pon nada dedescalzarse, von a descañlçarme” o revisor mirou a pinta que levaba, viu que tinha medio pé espido, o calcetín nom nas milhores condicions e dixo-lhe: “pssss, venha polo menos deixame unha cervexa disass para min” e así foi pero o de “ e se na volta ameazo con descalzarme sairiame a viagem gratis?” foi contestado polo revisor cun lacónico: “nom te passes, muchaso, nom te pases…”
E é que ao final éche isso, vaiamos en metro, bus, aeroplano ou tren, o importante é nom pasarmos,nem de listos, nem da hora, nem da parada….
6/21/2007
made in galizzaa...

6/19/2007
cambios de governo...

6/13/2007
de voltass...

5/25/2007
o canto dos pajaros...

5/17/2007
hoje son galegas as letras...e os fonemas??

5/14/2007
adeus á luz reflejada no papel.....

5/05/2007
A-55 na ruta xacobea...


4/28/2007
4/25/2007
4/23/2007
re-interprentando a realidade...


4/20/2007
mmmúsicas de líbido....

1.- nom emprego música nises intres, son dos de deijarme deleitar pola sintonía dos suspiros e os jadeos...
2.-se houbese algumha música que me levanta-se a líbido, mercaría un i-pod (estiven valorandoo e nono vejo claro) para levala sempre na orelha.
3.- o sexo é diversión...alomenos polo de agora o de aparearse jâ lhe tocará, se lhe toca...e polo tal, porei mmúsicas que me divirten e suben o ánimo, imprescindible para descarregar as enormes energías que conleva o fornicar...
4.- quem me conheçe ( e quen nom tambén, só tenme que ver escrever) sabe do rarinho que son, e do inexcrutable da minha mente, así que nom se deijem surprender pola surpresa dalgumhas elecçoms....
e ahí van, sen orde de preferéncia:
PRIMEIRA: ROSE ROUGE, de Saint-Germain, polo ritmo pola insinuaçom, polo de provocativa...
SEJUNDA: LA LEYENDA DEL TIEMPO, de Camarón de La Isla, pola forza que desprende e o arranque que ten...(nom atopo vídeo de Camarón)
TERÇEIRA: FRANCOIÇE HARDY, como representante da música sesenteira francesa, tan sutil, tan optimista, tan "brigditte bardot"...(nom acerto a adivinhar o título da cançom que quería por, deijo umha mostra)
QUARTA: BÁMBOLA, de Patti Bravo, polo de erótica (asociareina á película) e polo "animosa" que me resulta, e polo de idioma italiano, que muitos comprenderedes...
QUINTA: HIT ME BABY ONE MORE TIME, cantada por Travis, polo ritmo sugerente, polo de rogo e a cadéncia de se rir dun macro icono como é a cursilería pre-adolescente.
deijo no tinteiro RESERVOIR DOGS, DOORS (riders on the storm), NINA SIMONE, BEATLES (help!), OTIS REDDING, JAMES BROWN, ARETHA FRANKLIN, RENATO CAROSONE, NIRVANA, LEONARD COHEN (allelujah, take this waltz), R.E.M., e por suposto O GRAN DYLAN ( just like a woman, love minus zero)....e a desfrutar!!!
4/16/2007
ME CAGO EN EL AMOR
4/11/2007
reviva o zeca...
3/21/2007
adeus a umha parte da música galega...

3/14/2007
MANDA-TI, nas eleccioms municipais...

3/06/2007
"ferrol morre, como quedou o betis-sevilha...?"

2/28/2007
lesionado...

P:D: o das muletas é coisa da empresa para evitar que pida a baija por recaída….pero o efecto foi o contrário, agora queijo-me do hombro, pois fago um esforço moitro grande para andar com istes aparelhos...doble lesióm...pero jâ terei máis sitios onde recaer do nocelho….jajajaja, ajuarda vilajoámmmm….
2/12/2007
tesouros...

amolecidas polo tempo…
varios cabelos despeitexados,
que deixaches esparcidos pola almofada,
logo do extendido sonho…
dois bicos que quedaron ancorados
nas ganas da posesión…
um abraço reprimido,
cecais esquenzido,
na derradeira tarde de solpor…
umhas médias usadas
que aínda agochan o teu penetrante arrecendo
entre as súas fibras…
ums olhinhos de misericórdia,
que se che escaparon
antes de abrir a boca…
o ghran oco que deixaches,
que foi inundando,
coma umha gran mancha de chapapote,
toda a minha cama…
todo esto e algo máis, é o que gardo numha caixinha,
que nunca jà máis hei de abrir…
2/05/2007
cada día somos máisss!!!...

1/23/2007
despedida da galiza
cando ataca a morrinha, apunta ao coraçom, nom é doado que erre e sempre vem por referença dalhum dos sete sentidos que temos...a morrinha nom vem decorada de meros adornos ou de cores vistosisimas, nom tem artifício, vem núa, precisa, sem dilaçoms, cos olhos por diante da raçom, cando cheja estás perdida/o, o magím jâ empessa a funssionar a parte do resto do corpo, pola súa conta, coa vista posta no morrinhento sentido de desfiar o fiado...a morrinha nom é máis que uma estrada que che amosa o caminho, uma sereia de asfalto que che une/arreda do teu, dos teus...
1/20/2007
contradiçoms paradóxicas...

sempre gustei das contradiçoms...ser pero nom ser, ser branco e ser negro, ser feliz e infeliz de tamta felicidade, ter fame pero nom querer comer por fartura... e hoje, hoje ía caminho de ser un dos días máis tristeiros dos últimos tempos, dos últimos meses; a nova que levaba tempo pululando polo aire converteuse en verba, fíjose son, e fíjose gestos na face do meu interlocutor, enrugas tersas, torso expectante e celhas tocando a escaso flequilho de cor encarnado... escuitei, nom caín na desesperança, pensei de golpe (como apurando o pensamento), voltei a escuitar, e calei...jâ se daba por feito...agora o trabalho estaba no meu maxín, pensar, debatir, aclarar...explicar....nom, nom cría que fose a ser o milhor día da semana, nem do mes, nem do trimestre, de seguro....e cavilei, pousei a mente no mundo desto que chaman internet...e deixei voar as malas vibraçoms....nom lhe deron tempo a chejar ao teito....de socato sonou o móbil, o gesto foi perdendo rixidez, a sonrisa foi ocupando as partes antes conquistadas pola seriedade, e os olhos começaron a ver estrelas, que bonito cando o rostro mira estrelas, pq sorri coa ialma, coa agochada ialma dos sorrisos verdadeiros...e quedas en evidencia....e ilusioneime, e sorrín máis, e quijem ser máis grande que a lúa para tapar o sol, e nom queria que as verbas tornasen em silemços, nem que as estrelas deijasen de me alumear a face aberta en canal polo sorriso, polo coraçom que che sae pola boca sem tocar nos dentes....e ques respirar, e nom podes, e nom podes sorrir máis...e a voz apagase, e intentas apurar todo un discurso fidelino numa expreçom....e... que contradiçom, que paradoja rematar o día regado de felicidade...como che foi o día? mal, bem...fatal, estupendamente....de cú, de puta nai...que fago, umha média ponderada ou umha regra de três?....mentres contesto/contestades, von sejir rindo que ainda hai estrelas que queren colher o avióm....
1/19/2007
com MaiÚsCulAs...
